Sábado, 20 de marzo de 2010 - 7:04 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
03-01-2010 22:02

Democracia interesada para o Galego

11 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 31 voto/s

A posición do PP sobre o ensino do Galego parte de principios ideolóxicos sobre o dereito á educación que non caben na Constitución. Non falamos da educación como un conxunto de hábitos sociais que se transmiten de pais a fillos, senón como o proceso de adquisición de coñecementos que procuran o “pleno desenvolvemento da personalidade humana” (artigo 27.2 da Constitución) que configuran o noso Sistema Educativo.

A Constitución, que noutros aspectos tanto di defender o PP, establece en primeiro lugar a liberdade de cátedra no artigo 20 para logo, dentro do artigo 27 falar do dereito á educación como un dereito de tódolos cidadáns, e da obriga dos poderes públicos de garantir o dereito á educación mediante “unha programación xeral” elaborada con participación dos “sectores afectados e os centros docentes”. Só aparece unha referencia aos pais no tocante á educación relixiosa e moral.

Polo tanto, a educación comprendida no sistema educativo non é un dereito dos pais sobre os seus fillos, senón un dereito de tódolos cidadáns, en primeira persoa dos nenos, de acceder ao coñecemento da man dos poderes públicos, mediante unha programación xeral obrigatoria para todos. Dito doutro xeito, os pais non poden, segundo di a Constitución, educar aos seus fillos en contra dos principios e contidos que democraticamente as leis establecen. Por exemplo, e xa que está de actualidade, estaría fóra da lei ensinar a teoría do Creacionismo e negar a teoría da Evolución das Especies de Darwin.

Corresponde, xa que logo, aos poderes públicos, neste caso á Xunta de Galicia, coa participación efectiva dos sectores afectados, organizacións de pais, sindicatos etc, a responsabilidade de elaborar unha programación xeral para o ensino de tódalas materias, tamén da lingua galega, e só cabe decisión dos pais sobre as cuestións relativas á relixión ou á moral.

No caso do ensino do Galego, non cabe unha decisión individual dos proxenitores e moito menos a falsa democracia da maioría dentro dun aula. Como se garanten os dereitos dos que queden en minoría? Como se conxuga este sistema co cumprimento da obriga do Estatuto de Galicia de promover o uso do Galego?. Só á Xunta e ó Parlamento lles corresponde regular as características do ensino da lingua galega e castelá e das demais materias. Se queren rexeitar a nosa lingua, que o fagan. Que sexan claros e valentes e que asuman as consecuencias desa decisión, pero que non se escuden detrás dos votos dunha democracia interesada.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Psdg franquicia de Madrid
remexendo
2010-01-03 21:45:37
vaite pa madrid,cos teus acólitos,e non volvas...
2
canta palabreria
eu
2010-01-02 19:13:38
E logo xa che esqueceu, Xavierinho, cando lhe montastes a pantomima a Antón Losada? Vós tendes tanto de galegos como eu de espanhol...
3
Galega pero non parva
Manuel
2010-01-01 21:25:18
Oiches? Galega pero non parva.- Dis que os pais deben ter criterio para elixir. De acordo. Pero mira unha cousa: Meu sobriño tivo un neno; como tanto él como a súa dona falan galego, tamén llo falan a seu fillo. Pero mira tí, foi empezar a ir á escola de "párvulos" e xa chegou o neno a falar o castelán á casa. Onde está esa liberdade dos pais para escolarizar a seu fillo en galego?? Ou só nos preocupamos dos dereitos dos que escollen o castelán??
4
Conflicto de intereses
galega pero non parva
2010-01-01 19:15:36
Por idade o meu ensino foi en castelán agás as dúas asignaturas de lingua galega e literatura galega e non teño ningún conflicto lingüístico. Falo galego e faleino sempre. Xa está ben de querer crear conflictos onde non os hai. Acaso os pais non teñen criterio para elexir? ten que chegar o intervencionismo do estado ata a lingua que temos que falar?? xa está ben de empregar a lingua para os intereses propios.
5
De acordo... "constitucionalmente"
AGIL
2010-01-01 18:08:40
"Constitucionalmente" ou "bourbonicamente" estou de acordo. Mas isso não me impede lançar uma pergunta aos "frijoletes" sobre o futuro e mormente sobre o passado: Se o direito ou liberdade de escolher é fundamental, como "frijolete" e os seus pretendem, terei direito a uma indenização, dado que fui impedido de o exercer, quando meus filhos estavam em idade escolar? (E seria direito fundamental, se o decreto em causa não fosse recorrido pelo "gobierno de la nación", como sim foi recorrido o do "tripartido" que presidia Laxe...)
6
Pregunta
Manuel
2010-01-01 01:43:39
E eses galegos_castellanos que tanto defenden a liberdade lingüistica, defenderían a liberdade dun galego a escoller idioma nos colexios de Madri, ou estarían a prol de que os deputados galegos do Parlamento Español se puideran expresar en Galego????
7
Algunha aclaración
ALUCINADO
2009-12-31 15:39:57
Pode ser que a comparación sexa un recurso doado e cómodo, mesmo cando se fai tomando exemplos que pouco ou nada teñen a ver entre si. Con esta fase do conflito lingüístico na que nos atopamos surxiu con forza a tendencia -sinaladamente nos grupos lingüicidas -á comparación gratuíta do caso galego con casos ben dispares como o finés, o irlandés, o galés ou mesmo o belga ou flamengo (como fai aquí un opinante), como se a nosa realidade lingüística tivese algo a ver coa deses territorios. O mesmo vale dicir do caso de Euskadi -esquecen a mantenta recordar que é un modelo amplamente superado pola vía dos feitos. Falamos de territorios con comunidades lingüísticas opacas e cunhas linguas de estrutura radicalmente diferente entre as que non existe doada intercomprensión sen formación. Comparar gaélico e inglés ou sueco e finés con galego e castelán...Que queren que lles diga!
8
PPdeG e galego
Gaias
2009-12-31 07:53:23
Estes non queren tomar decisions, pq teñen un problema que é que unha parte do seu electorado e galeguista e outra parte é galegofoba. Enton pretenden non enfadar de todo a ningun dos 2 colectivos. A Feijoo so lle interesa gobernar mirando as enquisas. E de ahi que presentase case dando as uvas este decreto pq non lle interesa que se fale moito deste tema xa que lles resta votos. Deixar todo en mans dos pais libraos de tomar decisions e permitelles "democratizar" os retrocesos que poda sufrir o galego no ensino.
9
Fachas galegofobos e cobardes
Miguel
2009-12-31 07:42:52
O PP quere acabar co galego, pero busca facelo por via da liberdade de eleccion dos pais (os cales xa educaron en xeracions pasadas no autoodio). Non se atreven a facer un programa de ensino 33% galego e 66% castelan por medo a ser tachados de partido antigalego, enton deixan todo en mans dos pais sabendo cal sera o resultado final. E meten o ingles por medio para que non se fale do galego/castelan e pasar este decreto por moderno e plurilingue. Encima de galegofobos, cobardes.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers