Lunes, 15 de marzo de 2010 - 20:22 h
Natalia Alonso
Xornalista
02-01-2010 19:17

Feijóo presenta o seu novo disco

2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 43 voto/s

Silencio! Sssssshhhh! Isto é segredo, cantos menos o saiban, mellor. Esta é a época perfecta, con todo o mundo por aí esparexido, gozando do descanso do Nadal. Isto foi o que deberon de pensar os integrantes da banda Feijóo and Company á hora de organizar a presentación do seu novo disco, acto este máis minimalista do que nos teñen acostumados, máis underground.

A posta de longo de Decretation, pois este é o título do traballo, atópase lonxe deses concertos multitudinarios que algúns integrantes do mítico grupo adoitaban dar aló polo mes de febreiro nas rúas compostelás, adorados por moreas de seareiros bilingüelos. Eles, as estrelas do pop, xa por aquel entón non ensinaban a lingua pero seducían amosando os morros, ao máis puro estilo Mick Jagger.

Pero xa se sabe, este lene xiro no estilo da banda non pode satisfacer a todos e algúns dos seus seguidores máis afíns manifestan xa o seu descontento. Este é o caso da crítica musical Gloria Lake, a Fernandisco do Noroeste, que atopa este traballo demasiado pouco comprometido, séntese fondamente decepcionada, agardaba máis. Pero do que non cabe dúbida é de que o CD é unha auténtica oda á tecnoloxía punta, ti decides en que estilo queres escoitar as cancións. Cumbia, reaggeton, chachachá, flamenco, e por suposto, altos decibelios de musica electrónica anglosaxona. Mágoa que o líder do grupo non fixera unha aposta decidida polo noso, os sons do país, os autóctonos.

Os expertos na materia aseguran que a música galega será a menos escoitada e que mesmo podería chegar a perderse a través dos séculos. O problema é que, no fondo, Feijóo tampouco quere arriscarse a deixar de vender discos. Nin o olor do botafumeiro que voaba ante el onte pola mañá na catedral santiaguesa, nin a chegada do tan agardado Ano Santo, nin a marcha que a plataforma Queremos Galego celebrou na súa honra, nin o ambiente inspirador do seu novo estudo de gravación en San Caetano (ese cuarto de reunións que fora reformado en exclusiva para Touriño e que agora el tamén utiliza) lle fixeron mudar de opinión. Pois si, éche unha verdadeira mágoa pero coido que non debemos aínda perder a esperanza. Eu imaxino xa o vindeiro Nadal, agardo que Feijóo and Company recapaciten e saquen ao mercado un fermoso disco de panxoliñas. Xa saben, “yo me remendaba, yo me remendé, yo me eché un remiendo y yo me lo quité”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
2010-01-02 18:14:27
yo me eche un remiendo yo me lo quité! quédome con eso
2
PRESENTACIÓN DO DISCO EN LUAR
UN RAPAZ
2009-12-31 17:33:44
Grazas Natalia polo teu artigo; feliz 2010

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers