Domingo, 14 de marzo de 2010 - 15:24 h
Natalia Alonso
Xornalista
31-12-2009 00:26

Que seremos en 2010?

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

por fin, pensarán algúns, aproxímase o intre das uvas e dos traxes de festa. A noite de brindes dourados e de bragas ou calzóns vermellos. Ese momento clandestino no que os máis supersticiosos anotan nun papel os desexos para o futuro. E tamén ese outro momento igual de clandestino no que os mesmos de antes len o papeliño do ano que remata e non saben ben se rir ou chorar.

Chegou o intre de despedir 2009 e, polo tanto, de deseñar os novos propósitos, que case nunca son tan novos e, sobre todo, de facer un crítico e autocrítico balance.

En termos globais e, sobre todo, domésticos, 2009 pasará á historia coma o cumio da crise, o ano no que tocamos fondo pero tamén os meses nos que, segundo vaticinan os entendidos máis esperanzadores, comezaron a agromar os primeiros brotes verdes, eses que oxalá se transformen nunha fraga ben mesta e non se reduzan a unha presada de herba fumeante.

Pero se a 2009 o temos que bautizar cun nome propio ese é, sen dúbida, o de Barack Obama, o flamante premio Nobel da Paz, ese presidente que provoca moita ilusión pero tamén certa desconfianza, en doses case idénticas.

Que Obama ten swing é evidente. O home máis poderoso do mundo inspira cando lle planta cara, por por exemplo, á recente reforma do sistema sanitario estadounidense, lameira na que esvararon os os seus predecesores se é que se atreveron a meter o pé. Pero, ao mesmo tempo, a ambigüidade do seu discurso ao recoller o Nobel defendendo a guerra xusta ou o emprego de certos métodos coma o incremento de tropas en Afganistán espertan suspicacias. Cales son as verdadeiras intencións de Obama? Quen é realmente Obama? Preguntámonos moitos malia, no fondo, admirar o seu carisma.

Pero 2009 deu aínda máis de si xa que foi este un ano de grandes paixóns. “Te quiero un huevo” lle dicía o presidente da Generalitat valenciana, Francisco Camps, a un tal Bigotes no seo desa Cosa Nostra chamada caso Gürtel.

E que dicir, por suposto, do outro gran protagonista do ano... a frauta do cantante Silvio Berlusconi, ese instrumento musical que tantas e tantas melodías compuxo.

Pero 2009 tampouco remata aquí e ten outros nomes propios. A ascensión de Alberto Núñez Feijóo e Patxi López, o pánico desatado pola gripe A, o secuestro do Alakrana, a nova e necesaria lexislación do aborto, a canonización de Michael Jackson ou o xenial Barça de Pep Guardiola tamén tiveron, entre outros, o seu oco de gloria. E que pasa con nós, simples mortais? Pois que tamén rimos e choramos, trabucámonos e acertamos, caemos e erguémonos. Pero o máis importante de todo é que somos, existimos e temos aínda un longo camiño por percorrer. Non están intrigados? Que acontecerá en 2010? Que seremos en 2010?

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers