Viernes, 12 de marzo de 2010 - 23:26 h
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía
09-01-2010 20:31

Frivolidade e provincianismo

6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 54 voto/s

O que está a ocorrer co decreto sobre a lingua no ensino é unha mixtura de frivolidade, esperpento, ignorancia, jacobinismo, ofuscación e odio, os conceptos que definen ao personaxe. Podería ser visto como o auténtico vodevil da “frijolidad” se non fose porque ten consecuencias moi graves e dificilmente reparábeis.

Unha vez desinchada a vincha das mentiras infames sobre a pretendida imposición do galego xa non é posible obviar a crúa realidade dun español absolutamente hexemónico en todos os eidos institucionais, empresariais e informacionais. O simplismo mentirán inicial está a perder o máis mínimo grao de credibilidade ate o punto de vérense agora tentados a ensaiar unha nova fuga cara adiante. Nun alarde de frivolidade, esnobismo e ignorancia proclamase agora que toda a “movida” obedece ao ambicioso obxectivo de conseguir un ensino trilingüe, onde os nenos e profesores non só dominen o inglés para entendelo e comunicarse senón para ser quen de aprender nel os novos coñecementos e razoar mesmo os conceptos máis complexos.

Non serei eu quen negue a portentosa intelixencia natural dos galegos –sen par no mundo– que nos permitirá facer o que ningún outro pobo do mundo foi quen de sequera tentar facer até agora. Imos tan sobrados en coñecemento de matemáticas que non só entendemos á perfección os máis complexos teoremas en galego e en español senón que seremos quen de destripalos e asimilalos con finísima clareza en inglés. O noso infraaproveitado profesorado non só vai ser quen de darlles trillados os coñecementos técnicos de matemáticas, física, química, bioloxía ou historia senón que será quen de ofrecérllelos de xeito aínda máis claro e asequíbel en inglés. Seremos a admiración de todos os pobos da terra. Por fin, un pobo vai ser quen de facer que os seus nenos, desde a tenra infancia, aprendan non só tres linguas para comunicarse senón que serán quen de aprender, pensar e razoar os coñecementos máis complexos en calquera das tres indistintamente. Ante tal portentosa potencialidade un non pode máis que condenar ao último círculo do inferno de Dante a todos aqueles gobernantes e educadores que até hoxe nos infravaloraron de xeito tan inxusto. E, xa postos, sabendo do noso inesgotábel potencial, eu propoño que introduzamos polo menos uns rudimentos de chinés, aínda que nos primeiros anos –pero só nos primeiros– non lles esixamos aos nenos ser quen de razoar seguindo o pensamento ideogramático dos orientais, pero que si sexan quen de ler de corrido a Lao Tse, Sun Tzu ou Mao Tse Tung na súa lingua orixinal. Que menos! Que a humanidade tome nota, que treman os americanos que só son quen de malaprender un idioma, que os chineses perdan calquera esperanza: o século XXI será o século dos galegos. Todo o mundo mirará para nós con admiración. Seremos únicos e, ademais, para maior humillación de todos os pobos aturdidos pola miopía materialista, farémolo sen gastar un can.

Eu confeso que ao mellor non chego a ser suficientemente chauvinista para imaxinarme ese esplendoroso futuro para a nosa patria convertida na “Nova Atlántida” baconiana, faro da humanidade do século XXI. Pero si estimo o suficiente aos meus compatriotas como para confiar que non van tragar esta milonga do trilinguismo como trapela para impedir a verdadeira recuperación e dignificación da nosa lingua. E, de paso, do noso ser.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Babel
2010-01-09 20:26:44
Noraboa polo teu comentario tan acertado, lemos o xornal grazas a persoas coma ti.
2
parabens
parabens
2010-01-09 19:00:54
Parabens pola reflexión, por certo, moi atinada.
3
suxerencia
xulio
2010-01-09 18:52:54
....e xa postos vou dar unha pequena idea para quen corresponda: cambiar xa o nome de Galicia Bilingüe por Galicia Trilingüe
4
Manuel
2010-01-09 16:13:59
Noraboa pola súa reflexión.
5
Feijoolidade
maría
2010-01-09 15:05:00
Nestes tempos de estúpidos voando por calquer rincón da lexislación vixente, é moi agarimoso poder ler opinións tan acaidas. Grazas.
6
PREGUNTA
UN RAPAZ
2010-01-09 12:06:48
Se, segundo quedou claro na Sentenza do Tribunal Supremo do 21 de outubro de 2009, o fillo de Eslanislao,Darío, era totalmente inútil e incapaz para aprender en GALEGO, pregúntome eu que carallo farán agora, o dito señor Estanislao e o seu moi querido filliño, cando nas aulas se lles presente Frijolito dándolles os bos días e cunha morea de libros de matemáticas, física e química en inglés baixo o brazo.Polo demais, felicidades a Xavier Vence polo seu artigo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers