Domingo, 21 de marzo de 2010 - 3:10 h
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía
13-01-2010 11:52

A deriva inconstitucional do neocentralismo

16 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 79 voto/s

Que ninguén se despiste, todo o asunto do decreto contra o galego non nace dos supostos excesos dun ben moderado e pouco cumprido decreto do galego do bipartito. Nin tan sequera é un asunto que nacera en Galicia. Nin tampouco é algo que teña como causa exclusiva a lingua. Ao meu ver trátase dunha involución política en toda regra, posta en marcha polo movemento neocentralista ben orquestrado nas frontes políticas, mediáticas e empresariais madrileñas. Movemento liderado polo neoconservadurismo e a estrema dereita ideolóxica pero con profundas ramificacións noutros ambientes (PSOE madrileño, Prisa...) cuxa deriva máis radicalizada dá pulo a cousas como UPyD. E en provincias teñen tamén os seus satélites, políticos, mediáticos e empresariais. O cimento dese poderoso movemento é a vontade non só de anular a influencia dos nacionalismos periféricos senón reverter un proceso de descentralización autonómico que consideran que foi lonxe demais, recuperando as competencias substantivas para o poder central. O seu modus operandi asenta nunha persistente campaña de deslexitimación das autonomías e unha regresión de facto a un estado central forte, se acaso con certa descentralización administrativa claramente subordinada. E para conquerilo non dubidan en saltarse o Estatuto e mesmo a Constitución, como estamos a ver no asunto do decreto contra o galego.

Coa técnica dos comunicólogos neoconservadores construíuse na última década, desde os medios madrileños, a campaña “en defensa do idioma común perseguido e marxinado por eses nacionalismos excluíntes que poñen en perigo de extinción o español”. O ataque lanzado con novos bríos contra os idiomas propios de Galicia, Euskadi e os países cataláns vai inseparablemente unido ao ataque a “esas autonomías que rompen la unidad de mercado”, “impiden la libre competencia”, “entregadas al despilfarro y al déficit”... en definitiva, un erro dunha transición “blanducha” que cómpre corrixir canto antes. Para esa guerra o neocentralismo prefire envolverse na bandeira de altos ideais –a lingua común– que enzoufarse en vulgaridades cativas como o “fastidio” que supoñen eses particularismos para as contas de resultados dos negocios da capital, a empezar polos oligopolios mediáticos e editoriais. O discurso ha de ser simple: hai uns “rompehuevos” nacionalistas empeñados en inventar idiomas e identidades con tal de luxar o esplendor da lingua común –común desde a noite dos tempos– e complicar innecesariamente a vida, sabendo que poderiamos gozar felicidade a mares compartindo en harmonía unha única e mesma lingua, a de sempre, a de todos, a natural, o español.

Cómpre non perder de vista que aí está a raíz do problema e non no ben moderado decreto do galego bipartito. Dela sae a viraxe do PPdeG en 2007 cando se ve obrigado polo PP central a descolgarse do consenso no último minuto... porque a nova estratexia na que están instalados a nivel español consiste en converter o idioma en materia sensible na confrontación política e electoral. O movemento conspirativo lanzado nos anos de Aznar e o “Manifesto por una lengua común” puxeron en marcha unha bola de neve que xa non podía respectar nin tan sequera o Plan de Normalización Lingüística aprobado en 2004 por consenso, sendo Fraga presidente da Xunta e Mr Feijoo vicepresidente.

Aquí, o provincianismo reinante entre as elites urbanas de medio pelo do PP e dos medios de comunicación dominantes, entraron de forma absolutamente mimética na dialéctica do discurso madrileño. Xa nas portas das eleccións calcularon que, debidamente dramatizado, podía servir para mobilizar a unha parte do electorado pouco motivada por un liderato mol. Envolvéronse de xeito frívolo e irresponsable na bandeira da liberdade de elección para propoñer a inconstitucional segregación lingüística dos alumnos, acompañados nesa e noutras lameiras pola prensa máis infame.

O problema está en que as esaxeracións hiperbólicas sobre o castelán ameazado poden ser cridas alá onde haxa absoluto descoñecemento da realidade, como ocorre desde a ignara distancia madrileña, pero non pode funcionar dentro do propio país e menos aínda dentro da comunidade educativa que coñece unha realidade ben diferente.

Polo tanto, unha vez esgotado o balbordo e a confusión inicial provocada por esa insidiosa campaña, unha vez que as trolas e as falaces solucións van perdendo forza argumental, os protagonistas deste despropósito van quedando nús e non se lles ocorre mellor saída que dar un novo pinchacarneiros. Argallan a trécola da necesidade de reducir a presencia do galego no ensino para poder facerlle sitio ao inglés. Iso faino un goberno que non é quen de pór recursos para facer grupos reducidos nas aulas “de” inglés que garantan un bo nivel; pretende de súpeto, e sen poñer un can, convencernos que imos ser os primeiros do mundo en explicar e estudar as diferentes materias en tres idiomas diferentes. Non é que ensinemos os tres idiomas con excelencia, que va!, é que os alumnos van ter desde o principio tal dominio dos tres que imos poder explicarlles calquera caste de coñecementos, contidos e razoamentos tamén en inglés. E todo iso nun sistema ten que ir trampeando botando man de profesores de materias afíns para dar esas aulas, con grupos numerosísimos. En fin... unha fraude descomunal e unha impostura xogando con cousas moi serias pero protexidos tras do parapeto cómplice dos medios de adoutrinamento de masas.

Agora ben, a teimosía frivolona na batalla contra o galego cégaos até tal punto que semellan non decatarse que están a dar outro paso tamén inconstitucional: dar a mesma consideración ao inglés que ás dúas linguas oficiais até convertela en lingua vehicular obrigatoria para a impartición e avaliación de contidos de calquera outra materia supón ignorar o que significa a “oficialidade” dunha lingua. A Administración educativa pode esixir un coñecemento graduado curso a curso da materia de lingua inglesa ou calquera outra incorporada no currículo; pode avaliar o dominio de calquera outra materia expresada en calquera das linguas oficiais que se estableza pero o que non ten soporte constitucional e legal é impoñer con caracter obrigatorio o estudo e dominio dunha materia non lingüística nun idioma que non é oficial. Isto é algo tan elemental que só a obcecación contra o galego lles impide ver. Poden impoñerse as horas que queiran “de” inglés e outras linguas estranxeiras e poden ofrecer con caracter voluntario cantas opcións trilingües consideren; ou mesmo tetra ou pentalingües. Pero o que non se pode é esixir a un alumno que estude en inglés –ou en chinés– as matemáticas, a historia, a música ou educación para a cidadanía. A un alumno pode suspendérselle se non alcanza o nivel esixido de inglés nun curso determinado pero non poden suspendérselle en coñecemento do medio ou en música polo feito de que non teña un adecuado dominio dos contidos desas materias en idioma inglés ou non saiba expresalos correctamente. Esa é a sutil, pero esencial, diferencia entre unha lingua oficial e as que non o son. Iso é o que converte en inconstitucional esta ocorrencia inconsistente e frívola do trilingüismo galegofóbico.

O asunto non é que este invento poida acabar declarado inconstitucional e derrogado, caso de ser aprobado; o importante é que dun xeito ou doutro a súa guerra seguirá e o galego continuará estigmatizado como problema e como estorbo. Consolidada a súa exclusión de facto na vida mediática, económica e institucional e reducido no ensino a un 33% (lingua galega e outra máis), o galego verá negada calquera posibilidade de converterse nunha lingua normal. Obrigando aos seus usuarios a vivir nun permanente estado de marxinal resistencia, convertendo a súa expresión lingüística nunha excentricidade conflictiva. Que iso é o que significa que sexa “non-normal” e xusto o que o “proceso de normalización” quería superar. Pero disque o concepto de normalización é a besta negra deste goberno e do seu mercenario, ate o punto de non aparecer unha soa vez no borrador do novo decreto.

Como a maioría da sociedade non traga con que se lle dea patada ao galego desde o castelán buscouse, a maior gloria do provincianismo acomplexado, darlle o couce coa bota do inglés. Non saen dun despropósito para meterse noutro. A frivolidade unida a un doctrinarismo político, tan cínico como antigalego, está a provocar un conflicto e unha fenda de gran calibre na sociedade galega. Máis aínda, este movemento intereseiro do neocentralismo madrileño, coreado de xeito bobalicón por este provincianismo paleto, evidencia a reversibilidade do modelo autonómico e, polo tanto, o seu fracaso. Pero como non hai mal que por ben non veña, esa ruptura de facto do pacto autonómico obrigará a aquela parte do país que non vive acomplexada a replantexarse a estratexia para preservar a súa identidade, sen verse sometidos ao acoso permanente. Esa parte da sociedade que é quen de verse no mundo directamente, sen peaxes e identidades impostadas, terá que emprender o camiño para dotarse dun marco institucional que lle dea certa estabilidade e evite este desacougo de vivir en permanentemente desafío. Rompida a baralla da autonomía por parte desta dereita hexemónica, transgredindo sen escrúpulos os propios límites constitucionais, cómpre reaccionar erguendo a bandeira da nación de seu, cen por cen.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Con nostrus
Hemisferium
2010-01-13 00:19:34
Que sí Nostrus, que es un rollo lleno de palabrería y propaganda. Que lo importante es trabajar y salir de la crisis y no las pamplinas.
2
Para uncalquer
nostrus
2010-01-12 12:47:38
Si me conocieras te darias cuenta de que estoy en contra de todos los nacionalismos, incluido el español. Naturalmente que quiero ser gallego, pero lo que no quiero ser es un gallego como tu, yo quiero ser un gallego normal que apoya la realidad de Galicia, no un gallego que pone unos parámetros a cumplir para ser un gallego “estandar”. Si quieres saber mi opinión de los nacionalismos te recomiendo que leas el articulo de X.A. Perez Lema titulado “O nacionalismo español” y observes mis comentarios alejados de cualquier tipo de nacionalismo.
3
para nostrus
umqualquer
2010-01-12 09:39:58
isso, nacionalismos nom, fóra o nacionalismo espanhol da nossa terra. por certo, um galego sem galego, o que é? igual que umha "galinha desplumada". Nom sejas hipócrita, ti nom queres ser Galego, ti queres ser "de una region Española con costumbres singulares", mas nom Galego.
4
nostrus
2010-01-11 20:06:47
Leiro, estas moi trabucado, non solo por confundirme con ferrete, ¿onde entro eu a instancias tuas?. Estas a falar con un galego de corazon de toda a vida que non precisa de identidades idiomaticas nin de ningun outro xeito para sentirse galego, non coma outros que necesitan do complemento que lles falta, por algo se pasan o galego, para poder sentirse e agora dan catedra de galeguismo. Eu loito para que os meus concidadans teñan o mellor e que fagan das suas vidas o que lles pete tendo como limite solo o que mandan as normas de convivencia que entre todos poñemos. Polas noites deberias ter coidado co xabarin, foza moito nos leiros, inda que no teu caso esta a barbeito. Nacionalismos non, gracias.
5
Grazas
2010-01-11 18:28:34
Excelente artigo e resulta interesante que Nostrus só ten tempo para ofender aos galegos sen complexos e non para aprender. É algo que o retrata.
6
Contribucións dende a chabola intelectual
Leiro
2010-01-11 17:46:52
O comentario do sr Nostrus, prolífico cuspemerdas nos comentarios de Xornal, xa ven o valor que teñen. El mesmo recoñece que non puido lelo completo, a comprensión lectoescritora, esa que nos nosos cativos volve enfeblecer, xa non só no galego, tamén no todopoderoso castelán, no seu día tamén a el se lle atragou, por iso fala como fala e di o que di. Nin na forma nin no contido, esta xente é para lle dar de comer á parte. Asegúrovos ademias que entrou aquí a instancias miñas, seguro que deicou tamén algunha baballada no de Alba Nogueira. Como lles proe cando alguén fala tan ben e tan claro coma Xavier vence. Hale, Nostrus, a rañar o ferrete, meu rei.
7
Xaxa
odeseu
2010-01-11 12:44:43
Chapeau,todo esta!
8
Enorme!
Fan
2010-01-11 08:25:02
Aí vai un foguete... fiuuuuuuuuuuuuuuuuuu .... PUM.. Grazas Xavier. ;-)
9
¿No sabra hacer algo útil?
nostrus
2010-01-11 01:08:49
Pido perdón a los foreros porque no fui capaz a leer todo el articulo, pero llegué a la conclusión que en tiempos de crisis, algunos catedráticos de economía se ven obligados a hacer el ridículo escribiendo artículos de un solo uso (mirar y tirar a la papelera). Esperemos que por el bien de la inteligencia esta crisis acabe pronto.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers