Viernes, 19 de marzo de 2010 - 22:43 h
Millán Fernández
Colaborador
16-01-2010 15:55

A trampa do consenso

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 31 voto/s

Seguramente sexa unha obscenidade non atender como correspondería hoxe ó acontecido en Haití pero para recordarnos que é moito mais terrible, e un mal aínda superior, a nosa propia traxedia espiritual e moral que a apocalipse caribeña xa contamos coas brilantes declaracións do Obispo de San Sebastián, José Ignacio Munilla (ninguén pide a súa excomunión?). Eso é o que se chama un estreo triunfal. Canto se está esforzando ultimamente esta secta en espantar ós seus potenciais seguidores e en indignar ós que non o son!

Mentras o inferno se manifesta con furia e saña naquela illa lonxana, pero próxima no afectivo, en Galicia seguimos disputando a batalla da lingua porque alguén decidiu que era o camiño correcto, ademáis de entretido. Este é un paradoxo mais da globalización: hai lugares do planeta onde comer algo convértese nunha odisea constante e, por riba, de cando en vez padecen o azoute incontrolable e extremo das forzas da natureza. Aquí, o mais grave dos problemas que sufriamos (ata que se restaurou o Unipartito, este libertario) era un sometemento, sen parangón, á “imposición” da lingua propia. Demasiado abusivo un 50% de clases en galego. E un 50% de castelán non o era?. Saben que a lingua non é só un simple instrumento de comunicación...

Di o emérito da Birbeck College de Londres, Bernard Crick, no su libriño Doce teses sobre a Política que esta actividade é por natureza polémica e conciliadora ó mesmo tempo. Tamén que ningún goberno é tan malo como para non producir unha mínima integración da comunidade política nin tan bo como para non lesionar os intereses de ningunha persoa ou grupo. Fala tamén de que, fora dos desexables e elementais acordos sobre o fundamental, faise imprescindible deixar espazos para a discrepanza e a disidencia lexítimas, pois senón caeriamos na antipolítica que abre as portas ó totalitarismo.

Pois ben, o goberno de Feijóo (quizáis polo seu atrevemento xeracional, aínda que repleto de complexos seculares) chega ó punto de ser tan mal goberno que non é capaz de integrar o mais mínimo, co proxecto presentado do novo Decreto, nunha materia que ata o dagora estaba reservada como parte importante deses acordos sobre o fundamental. Unha das razóns que dan sentido á autonomía. Pero ademáis ten a estrana virtude de lesionar os intereses de todos. Ata os dos fomentadores do odio. Aqueles persoaxes de prensa e radio madrileños que, como dicía Suso de Toro en Outra idea de España: “son singularísimos, e mesmo estrafalarios e atribiliarios”. Feijóo é refén destes e elexiu seguir a estratexia da confrontación política, na procura da polarización, no canto doutra de moderación e converxencia. Agora busca unha aproximación ao PSdeG. Caerá este na trampa dun consenso que non sería tal? É tan só unha manobra mais por parte daquel que enlodou a campaña ata límites insospeitados e foi quen de defraudar xa a boa parte dos seus propios votantes. Tamén a compañeiros de partido.

millansocial.blogspot.com

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Medo debiades ter vos, sipaios
un galego
2010-01-16 14:47:33
medo teredes vos, os "gayegos" sipaios que sabedes que desta non esqueceremos... Mintireiros e trampulláns que enluxades as verbas "povo" e "liberdade". Por moito que tentedes aliar as cousas, a única lingoa imposta en EspaÑIIa é o castelán. ALDRAXES Ó GALEGO NUNCA MÁIS!!
2
2010-01-16 02:29:34
Qué medo lle tedes a que nos centros se exprese a diversidade de preferencias dos galegos, eh señoritos tecnocráticos hispanofibicos. Sodes os que millor sabedes que a linguia non é so comunicación e non aceptades que haxa galegos que falan castelan e/ou se sietn basicamente españois, e sabedes,, porque asi o recoñecedes, que a maioria dos usuarios tiraran polo castelan e hai que obrigalos dende Compostela, e que so pensa como vos un 30% dos votantes. Que no cuela, hombre. Que non queredes que se poida elixir dentro duns limites e vos pasades polo forro tamen vós o artigo 13.1 da LNL /983 para etapa Infantil. O povo e quem mais ordena, tamen no ensino e nas linguas!!!
3
un seguidor
2010-01-15 21:34:12
Como sempre non das puntuda sen fio. Un artigo excelente. Demostras ter unha visión nidia da realidade política do noso país. Noraboa.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers