Domingo, 21 de marzo de 2010 - 16:55 h
Antón Reixa
Artista e escritor
17-01-2010 01:10

Perdidos en Haití

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 16 voto/s

CORAXE. Se non soubesemos que historicamente sempre houbo terremotos, un pensaría que os terremotos actuais expresan o cabreo do planeta fronte ao maltrato ambiental e, sobre todo, fronte á insolidariedade.

En moi poucos segundos, Haití e a xente de Haití conquistaron a primeira liña de todos os medios de comunicación internacionais. Segundos antes, mal sabiamos onde estaba Haití, que era un dos países máis pobres do mundo e que está gobernado por unha ditadura hereditaria.

Os pobres teñen esa irrefeable tendencia a vivir onde non deben, pero é certo que respecto ás catástrofes sísmicas son posibles medidas de previsión. Xapón ou California, incluídas no atlas do risco sísmico, non rexistrarían os mesmos efectos que agora padece a empobrecida Haití.

Hai medidas arquitectónicas preventivas, pero tamén as debía haber contra a pobreza e a perpetuación da tiranía.

Milleiros de soldados da comunidade internacional, gastando milleiros de millóns de dólares ocupan outras zonas do mundo invocando a seguridade fronte ao terrorismo internacional en guerras imposibles e inacabables nas que hipocritamente se mesturan accións bélicas con presuntas e ineficaces accións humanitarias.

A xente de Haití pasou neses segundos da súa carente realidade a ingresar involuntariamente en algo moi parecido a un obsesivo capítulo especial de Perdidos. Mágoa que non é unha ficción.

Vivimos nunha multitudinaria soidade. O mundo vivía alleo á miseria de Haití. Pero esa miseria solitaria pode habitar tamén no noso barrio.

Nesta mesma semana, detectaron en Madrid que unha familia de inmigrantes orientais levaba quince días encerrada na súa casa e cos cadáveres do pai e dous fillos. En Sitges, despois de oito días, foi rescatada dun ascensor unha muller en condicións de sobrevivencia extremas.

A traxedia pode ser un terremoto calado na casa do lado ou no ascensor dun edificio baleiro. En calquera momento, un episodio de Perdidos pode escamotear esa delgada liña vermella que separa a realidade da ficción.

MELANCOLÍA. Por aquí, neste cacho do primeiro mundo, sobresaltámonos esta semana polo temporal da noite do mércores ao xoves. Parece ser que a tarde anterior no ordenador do servizo de metereoloxía non se detectara a alarma laranxa.

Chamen ao técnico do ordenador e transfiran a Galicia o servizo de meteoroloxía.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers