Sábado, 20 de marzo de 2010 - 20:41 h
Xesús López
Colaborador
09-03-2010 12:47

O galego real, ausente

34 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 20 voto/s

Ante o que parecía unha clara intención de inmersión lingüística no galego saído das diversas normas e modificaciós posteriores, un sector importante da sociedade galega posicionouse en contra da política do bipartito, de forma absolutamente democrática. As claves da citada política foron a principal causa da súa perda de poder. E Feijoo prometeu en campaña a derogación do DNL e a elaboración dun novo decreto que está sendo contestado dende distintas instancias e asociaciós, que non responde ás expectativas dos que pedían libertade de elección de lingua polos pais dos alumnos, que son os que verdadeiramente saben en qué idioma están instaládo-los seus fillos. Os foros de diversos medios, abertos ó pé de noticias sobre este tema abondan en críticas acedas. Dende algús acusan incluso de traición a Núñez Feijóo, xa que según o decreto un tercio das horas da semáa vaise impartir en galego, outro tercio en castelao e o tercio restante pode ser impartido noutra lingua, o que representa que van prevalece-las cuotas sobre o dereito dos pais e que van lesionar igualmente ós que teñan como lingua de instalación o galego ou o castelao.

Núñez Feijoo vai abri-lo melón dunha serie de consultas: Consello da Cultura Galega; a RAG debe ter listo o seu informe sobre o decreto e uns trinta colectivos entran no turno de consultas: centros concertados e privados, vinte confederaciós de asociaciós de pais que funcionan en Galicia, a MNL, a Mesa pola Libertade Lingüística e Galicia Bilingüe. A min paréceme que galego e castelao son lingüas compatibles e próximas; pero estoume a referir ó galego popular antes que ó galego saído das normas últimas. Xesús Ferro Ruibal decía [La Voz de Galicia, 12.12.2001], en “Ideas para un reencontro”, sobre a retesía que se estaba a dar no seo da RAG en relación coas normas que tentaban colarlles e que finalmente tragaron: “4. A Norma vixente é basicamente suficiente, ben implantada e estable. Ningunha outra alternativa pode presentar valores semellantes. E hainos que protexer, porque sen eles unha lingua non corre nunha sociedade moderna. A inestabilidade desprestixia e causa molestias. A sociedade non pide que a Norma cambie, senón que robusteza esa estabilidade”.

O home, que defendía [aceptadas por ser académico] as normas anteriores, decía con palabras que agora toman un certo carácter de profecía: Obsesionarnos co portugués é frustrante e “aportuguesa-la lingua non resolvería o problema e incrementaría o abandono. Sería mesmo un exemplo desesperante para os milleiros de linguas minoritarias do mundo que miran para nós con esperanza. As linguas pequenas teñen o seu encanto e tamén van sobrevivir no mundo ecolóxico que estamos compromemtidos a crear”. Totalmente dacordo, como que tamén houbo un colectivo no ensino que impartía as súas clases sen libro de texto, por apuntes, adaptados ó portugués, lonxe da norma oficial, aínda que discutible, porque os idiomas son formaciós das sociedades, nunca dos laboratorios.

E sei dalgún caso no que pais de alumnos tiveron que se achegare a centros de ensinanza porque ós seus fillos, galegofalantes, lles estaban a cambia-lo idioma. Había que desparasita-la situación porque tentaban descaradamente a inmersión no portugués dos galegofalantes. Idioteces. Porque os portugueses prefiren que lles falen en castelao, mesmo eles contestan nese idioma cando se lles fala en galego. ¡Pero é que ademáis acontece incluso con xentes chegadas do Brasil ás que lles responden igualmente en español!. Aínda onte falaba desto cun diputado galego, que me contaba o caso dun compañeiro que viaxou a Brasil [país no que se dí Galicia], onde non atopou maior dificultade. O galego real está ausente do gran debate en marcha e o chamado galegués ou galizo é resultado dos anos de inmersión no portugués, vía últimas normas. Se as instituciós non logran desparasitalo, o idioma morre.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
O galego real, ausente
xesús lópez fernández
2010-03-09 12:18:45
Xa vedes que normalmente non interveño nos recados que deixan a continuación dos artículos (forma recomendada por Lugrís Freire e por Eladio Rodríguez, porque decimos "articular, articulista, articulación, articulado...). Agradezo os comentarios, cando son comentarios; cando se trata de insultos orquestados baixo "anónimo subvencionado", paso. No meu blog xa non entrariades, porque non se admiten comentarios anónimos, que aínda podería ser si estivesen argumentados. Os que están pensados como insultos desparasítoos: relos, cantaruxas, cantariñas, etc., que seguramente pensan que son enxeñeiros do Diktatt estalinista, dos que queren cambia-la alma do noso pobo por medio do cambio do idioma, do asesinato da fala.
2
Que maus somos tod@s...
Carvalheira
2010-01-23 16:06:18
E logo... se o problema do galego é dos aportuguesados e não do espanhol que está a restar falentes do galego. Se o problema é que o galego "de verdá" está a desaparecer por um galego de laboratório e não por uma quantidade inúmera de espanholismos. Se o problema é que o que prima é o "gallego do pueblo" em vez de perceber nas variedades espontâneas e locais algo rico mas de âmbito não académico e lutar por uma forma culta e homogénea para todo o idioma. Se o problema é culturizar o idioma e ir nas autoestradas da informação e das formas modernas e internacionais em vez dos caminhos de cabras (que sim, muito folclóricos e engebres) do que defende este homem... Então o problema é o galego mesmo. Falemos todos em espanhol e não haverá problemas, não é? Senhor López, não se esqueça da medicação para a cabeça, que acho que leva uma semana sem a tomar
3
Ignorante?!
AGIL
2010-01-20 22:09:32
Hombre, sr. López, podía aprender un poco de "galego" y así lo que dijese de él tendría algún sentido.
4
No a los nizis portugueses
español
2010-01-20 19:52:40
Hay que echarlos a portugal, si tanto les gusta el portugues. No a los talibanes gallegos. Fuera los NECIOSnalistas.
5
Não aos fascistas espanhóis!
Gustavo
2010-01-20 11:20:00
Lamentável esta demonstração de incultura e indignidade ultradireitistas espanholas, lamentável que Xornal se ponha à "altura" de meios de intoxicação como Intereconomia ou a Cope. E o senhor(?) escritor, ante todo, um covarde e um badoco que nem sabe o que é uma Língua.
6
Bien por el Xornal
Kepa de Vigo
2010-01-20 10:11:58
Ya veo por los comentarios que muchos lectores del Xornal son partidarios del pensamiento único, y en vez de aceptar que otras personas tengan otras ideas y otra visión de la realidad gallega, sólamente son capaces de descalificar a la persona que defiende esas ideas. Yo no comparto muchas ideas del Xornal, pero lo leo de vez en cuando y aprendo y acepto algunas ideas que defiende, porque tampoco comparto todas las ideas de ningún otro medio ni de ningún partido político: prefiero tener mi propio pensamiento, que además va cambiando con nuevos datos y con el tiempo, y no refugiarme en la colectividad del grupo, llámesa Xornal, Bloque, nacionalismo o el que sea. Enhorabuena al Xornal por incluir una visión diversa. Saúdos.
7
"Vaia por Dios"
Alberte Chao
2010-01-19 20:10:22
Ja imagino eu a un "pueblerino" castelhano justificar-se dizendo "es que en mi pueblo se dice asi", quando mete vulgarismos (el tem a sorte de nom poder incluir galeguismos). Por que em Galiza dizer "na minha aldeia disse assi" e um argumento intelectual? Esta bem o lema de "Queremos Galego", mas algum dia havera que concretizar que galego e o que queremos. Eu o da RAG nom o quero.
8
O blogue deste home non ten prezo
Noxo de tipo
2010-01-19 20:03:54
ligazóns a: libertad digital, la razón, abc, galicia bilingue, rosa díez, pio moa, etc, etc... Este señor e un ultradereitista, ou sexa un facha. Por min, que opine o que queira do galego pero por favor noutro medio. E moito pedir? Ou é que xornal pretende captar lectores tamén entre o fascismo español?
9
Quen é este friki?
Rosa
2010-01-19 18:06:59
Porque o que di é un monte de despropósitos concatenados.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers