Sábado, 20 de marzo de 2010 - 7:59 h
Millán Fernández
Colaborador
22-01-2010 20:54

A lección de Feijóo

8 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 49 voto/s

Dí Maquiavelo que a hipocrisía é para o Príncipe unha arma indispensable que chega a converterse nun deber. Algúns incorpórana ao seu estrano xeito de gobernar ao pe da letra, como si dunha lección se tratase, facendo desta unha provocación constante. Asúmena de xeito tal que nin eles mesmos se acordan do que dixeron cunha semana de antelación. Quizáis sexa o temor a mais mobilizacións, ou a mala conciencia, o causante de que mude de maneira tan flagrante o discurso dende a Consellería de Educación e a Presidencia da Xunta. Agora o desexable é buscar o “equilibrio” entre castelán e galego. Algo é algo. Falaron as Universidades, os partidos da oposición, a RAG, os sindicatos do ensino, as ANPAS, xuíces e avogados, xente do mundo da cultura, plataformas en defensa da lingua e a maioría cuantitativa de colectivos sensibilizados co asunto dunha sociedade civil galega viva e activa. Qué esperaban? Que a centralidade da vida pública ficase calada ante o esperpento que representa un borrador de Decreto surrealista dende o punto de vista xurídico, sociolingüístico e práctico e que só contenta feblemente aos marxinais ao servizo da estratexia da confrontación?

Se algúns teóricos modernos do liberalismo democrático aparecesen estes días por Galicia abraiaríanse coa falla de respecto, intolerancia e estreitez de miras que amosou un Feijóo confuso e incapaz de comprender na súa extensión o concepto real de cosmopolitismo, mais preocupado por contentar ós seus en Madrid que por gobernar dende aquí e para os daquí. É o primeiro en toda a historia da autonomía que pensa mais nos intereses del a medio prazo que nos do país, dende a arrogancia do “falso progresista”, como diría Ramón Piñeiro. Nunha democracia plurinacional consolidada como a nosa non se deberan confundir a perspectiva de cidadanía como status coa de cidadanía como identidade. É dicir: tódolos cidadáns dun estado compartido teñen os mesmos dereitos, pero naqueles lugares con peculiaridades obxectivas hai que garantir eses mesmos dereitos atendendo ás especificidades dende un plano de igualdade e equidade ben reflexionada e ponderada. Cando un Presidente non asume como propia e natural a pluralidade da sociedade á que serve está abocado ao mais estrepitoso dos fracasos e dando mostras inequívocas dunha inexperiencia que debera asustar. En primeiro termo ó partido que lle confía a responsabilidade de mantelo no poder...

Todo o balbordo que estamos vivindo resulta desesperante, ridículo e innecesario pero é resultado da actitude mesquinda e inconsistente á que nos ten acostumados. Faise mais patente que nunca que a traizoada Galicia Bilingüe, e os seus satélites, foron os tontos útiles para acadar o obxectivo principal, pois resulta que “habería que transitar polo camiño do equilibrio”. Ir a onde estabamos e a onde as normas e o sentido común nos levaran, nos marcaran? Non podo crelo! Non se pode gobernar contra dunha maioría social que non renuncia nin renunciará a seguir protexendo e ensinando, despois de séculos, a lingua de Rosalía. Non é posible intentar enganar a tanta xente, nin tampouco apropiarse do concepto de liberdade para arrebolalo segundo conveña. Qué mellor aposta pola liberdade dos futuros cidadáns que ensinar ámbalas dúas, en pé de igualdade e a maiores das máximas linguas estranxeiras posibles, para que logo decidan dende o coñecemento pleno?

millansocial.blogspot.com

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
AS COUSAS HAI QUE CONTEXTUALIZALAS
GALEGO SEMPRE
2010-01-22 20:45:22
Marga da Coruña da no cravo. Ao meu modesto entnder o termo igualdade, nesta materia, non se debe de aplicar de maneira absoluta, abstrata e mecánica, senón ao contrario deberíase de empregar segundo as concretas circunstancias, é dicir, a igualdade aquí deberíase usar, tal como fai o autor deste artigo,como un concepto relativo. Hai que tratar con igualdade os casos idénticos,pero non os distintos do contrario estaríamos cometendo unha grande inxustiza. Noraboa a Millán por este traballo tan lúcido.
2
de acuerdo
Marga
2010-01-22 18:35:45
con igualdad creo que se refiere a inmersión lingüística en galego (por ser la minorizada e históricamente maltratada, la que todos los gallegos debemos dominar...)además del castellano, que "compite" con el galego en una posición de superioridad manifiesta. Potenciar el conocimientos de lenguas estranjeras es lo lógico también, pero no a costa de no conocer en profundidad las materias...yo estoy de acuerdo con su postura y soy castellanohablante. Coruña
3
Sentido común?
galego coma ti
2010-01-22 13:17:06
Dicir que "Universidades, os partidos da oposición, a RAG, os sindicatos do ensino, as ANPAS,xente do mundo da cultura... . Los mismos organismos politizados de siempre, que no representan sino a cuatro gatos" é dabondo para descalificar todo o comentado Free. É verdade que as elección ganounas que nas ganou,pero as consecuencias de ir en contra do principal patrimonio dun pobo vaille traer consecuencias electorais negativas. Incluso moitos cidadáns instalados na lingua castelá considerán que o noso sinal de identidade por excelencia ten que ser impulsado e protexido dunha maneira decidida porque o galego é un elemento de unión non de conflito. A polítización dun asunto pacífico non lle vai saír gratis a Feijoo. Alomenos iso espero eu.
4
Sentido común
Free
2010-01-22 12:51:06
"Universidades, os partidos da oposición, a RAG, os sindicatos do ensino, as ANPAS,xente do mundo da cultura..." Los mismos organismos politizados de siempre, que no representan sino a cuatro gatos.Viven de la defensa de nuestra lengua gallega que en realidad no les importa lo mas mínimo,pero claro de algo hay que comer. La gente quiere poder elegir la lengua en que son educados sus hijos, y creo que están en su derecho. La mayoría ha votado a Nuñez Feijoo, y el cambio en la política linguística era uno de los estandartes de su programa electoral, a si que considero que si es un político responsable debería cumplir con lo prometido que para eso ha sido elegido. El gallego no está en ninguna desigualdad, yo lo veo por todas partes, menos en lo más importante... las personas, que son las que deben decidir que idioma usar para expresarse, y no se les puede meter el gallego por vena, lo siento, la gente decide. Dejense de tanto defender el gallego, aunque claro, que iban a hacer sino entonces, no tienen muchas mas ideas.
5
PERPLEXO E CONFUSO
UN ASIDUO LECTOR
2010-01-21 22:09:57
DESPOIS DA CONTUNDENTE RESPOSTA DE HOXE, TANTO POLO ÉXITO DA FOLGA COMA NA PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN, É MOI ENTENDIBLE O SEU ESTADO MENTAL DE CONFUSIÓN E PERPLEXIDADE. NON OBSTANTE, CANDO O GOLPE MELLORE, COMPRE QUE TEÑA EN CONTA QUE PARA FALAR DE IGUALDADE ENTRE O GALEGO E O CASTELÁN, NON HAI QUE TER SÓ EN CONTA AS HORAS LECTIVAS DE IMPARTICIÓN DAS DÚAS MATERIAS, SENÓN A REALIDADE SOCIAL É AS CIRCUNSTANCIAS DE ÁMBOLOS DOUS IDIOMAS. O GALEGO ESTÁ NUNHA POSICIÓN DE INFERIORIDADE SECULAR, É A PARTE MÁIS DÉBIL DO BINOMIO, POR ISO CALQUERA NORMA QUE SE PRECIE DE XUSTA DEBE DE PROTELLELO ESPECIALMENTE. DE NON FACELO DESTA MANEIRA ESTAREMOS PREPARANDO A CONCIENCIA A SÚA MORTE PREMATURA. ¿SERÁ ESTE O OBXECTIVO FINAL DESTE GOBERNO?COIDO QUE SI. FALAR DE IGUALDADE E LIBERDADE NESTE ASUNTO É TRATAR DE CONFUNDIR E ENGANAR.
6
Igualdade
mestre de escola
2010-01-21 21:16:35
Calquer politico debe ter como premisa gobernar en terminos de igualdade.No caso do idioma todos sabemos que o galego está en inferioridade, xa que os datos asi o corraboran.Este presidente non ten galicia na mente,demostra ser moi mediocre e por encima é un acomplexado.Podía aprender dos vascos e catalans e non sentir unhos celos enfermizos como manifestou en varias ocasions.
7
¿Incongruencia?
perplejo
2010-01-21 20:24:23
"Qué mellor aposta pola liberdade dos futuros cidadáns que ensinar ámbalas dúas, en pé de igualdade e a maiores das máximas linguas estranxeiras posibles, para que logo decidan dende o coñecemento pleno?" Parece que está usted parafraseando el borrador del nuevo Decreto. Desde luego, no puede usted apoyar el Decreto vigente, en donde lo de "en pie de igualdad" era manifiestamente falso cuando todas las asignaturas troncales tenían que ser vehicularizadas en gallego. Y no había obligación de impartir en castellano salvo la asignatura de lengua castellana. Supongo que usted está contento con el cambio, a no ser que lo de la igualdad lo diga no porque lo crea, sino porque le conviene. Porque todos llevamos dentro un pequeño Maquiavelo.
8
FEIJOO MAQUIAVELICO
UN ASIDUO LECTOR
2010-01-21 18:06:21
A REFERENCIA A MAQUIAVELO VENLLE AO COMPORTAMENTO POLITICO DE FEIJOO COMO ANEL AO DEDO, XA QUE NON SÓ NESTE ASUNTO EMPREGA UNHA ACTITUDE HIPÓCRITA E DEMAGOXICA, SENON QUE É UNHA NORMA CONSTANTE NO SEU DISCURSO POLITICO. O QUE MAL EMPEZA MAL REMATARÁ.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers