Domingo, 21 de marzo de 2010 - 13:10 h
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía
25-01-2010 22:37

...Cal era a pregunta?

5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 47 voto/s

Xa temos a resposta agardada. KPMG falou. A dúbida que permanece -e tal como discorren as cousas permanecerá para sempre- é se formulamos a pergunta pertinente. Que a fusión das nosas dúas caixas é viábel non admitía moita dúbida, sobre todo se aceptamos todos os custes que ela implicará: reduccións drásticas de persoal, da rede de oficinas, do tamaño resultante e poñemos enriba da mesa o diñeiro necesario para enxugar os custes do axuste.

Se as opcións eran fusión ou fusión estaba claro que a resposta tiña que ser fusión si. Se a condición era que se mantivera a galeguidade entón a solución tamén estaba cantada –e menos mal!. A grande dúbida, que parece quedar para os investigadores, é porque nunca se puxo sobre a mesa a pregunta da viabilidade de cada unha das entidades por separado e en que condicións poderían selo. Porque se coa fusión podemos aceptar un recorte dun 15% da estrutura, do persoal e da cota de mercado e estamos dispostos a asumir un custo da reestructuración de 485 millóns de euros e unha axuda crediticia (FROB) de 1.190 Millóns de euros, cabería formularse a inocente pergunta de se non resultaría menos traumática en termos laborais e máis económica para a sociedade unha aposta por manter vivas ámbalas dúas por separado.

Poñendo na balanza, ademais, os negativos efectos que a reducción de competencia ten para clientes e empresas e o empobrecemento que supón a desaparición dun certo sistema financeiro propio, con diversidade de opcións e modelos de negocio –a cota que se perde vai inevitablemente a máns de entidades foráneas. E tamén para a coesión territorial –porque a coesión dun país non aumenta por ter unha única cabeza máis grande senon preservando diferentes centros e unha certa diversidade de estruturas e estratexias. ¿Canto vale iso para o país? ¿cal sería o custe que habería que asumir para garantilo?. Iso é o que non saberemos nunca -¿ou si?- porque quen tiña que facelo non formulou a pregunta ou non deixou formulala.

Coa “due diligence” pasa como na Dilixencia de J. Ford, quedamos atrapados fronte aos apaches que son os que formulan a pregunta. Ou somos quen de abrir todas as opcións máis alá do abano que o Banco de España nos quere impoñer –tentando radicalizar un modelo financeiro fracasado- ou senón, pensando en clave galega, non hai elección. A mágoa neste escenario é que parece que xa non temos foraxidos nin cabalería para romper o cerco. Seica non somos quen de sair da Dilixencia. Pois, se é asi, temos o que merecemos. E poñamos unha vela ao apostolo para que esa fusión sexa a estación termini, porque aínda poden ter a tentación de fusións piores, realmente piores. Tamén na Dilixencia ía aquel banqueiro que “arriscando a vida para cerrar grandes t-ratos” realmente fuxía levando consigo os fondos do banco.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
pra sabia/o veronica/o
Un
2010-01-25 21:36:41
Verónica/o si que é sabia/o. Ben sabe que todos os que critican o que fai Santiago Rey, Mendez, Feijoo, Rodriguez ou Vazquez falan por falar e non saben o moito tempiño que estes adicaron a destripar os balances antes de lanzar a idea salvadora, a única posible (como diria doña Margarita Tatcher). Os demais son parvos e desinformados. Iso si, polo demais veronica seguro que é unha boa/bo intrigante.
2
nin unha cousa nin outra
veronica
2010-01-25 13:59:41
Nin vence nin convence; artigos voluntaristas pra quedar de moi sabio, sen saber da misa nada de nada e non ter visto nin un balance. Iso sí, polo demais é un bó profesor
3
resumo
2010-01-22 16:08:28
Como vostede di Profesor Vence: temos o que nos merecemos.
4
Grazas por iluminarnos
galego
2010-01-22 01:02:20
Admiro a coherencia que ves mantendo neste asunto tan importante para o futuro politico e tamén económico da Galiza, lastima que o BNG oficialmente non sexa quen de ver o grave erro que está cometendo. Tamén agradezo que nos teñas aberto a outros puntos de vista. Enhoraboa, creo que ainda non está definida a salida, pero como tu dices hoxe si non se abren a outras opcion o PP está condenado a sufrir coa sua postura de presión irreverente sobre CAIXANOVA e as consecuencias no sur de Galiza serán visibles a corto plazo para PP e BNG.
5
Vencendo
eu
2010-01-21 15:29:21
Como sempre, brilhante sr Vence, que vence e convence.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers