Viernes, 19 de marzo de 2010 - 17:17 h
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía
23-01-2010 19:17

Un mediocre banqueiro central

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 42 voto/s

Temos un banqueiro central do que aínda non coñecemos o seu diagnóstico minimamente detallado da crise financeira actual. Sabemos que ten como receita esencial a reforma laboral, que non é da súa competencia, pero non sabemos cal é a visión do que nos levou á crise, máis alá dos obvios excesos das entidades na especulación inmobiliaria; exposición que non souberon ponderar e frear até que “pasou o que pasou”. Agora, cando todo o mundo se está plantexando a inevitabilidade de reformas do sistema financeiro que pasan, entre outras cousas, por poñer un límite ao crecemento e tamaño das entidades, un certo “downsizing”, que reduza o risco sistémico derivado da existencia de entidades grandes demais, pois resulta que o noso “piloto” considera que hai que concentrar e erguer grandes entidades. É o que se chama camiñar co paso cambiado. Hai xa algúns meses, Gordon Brown, despois de nacionalizar varios grandes bancos, está a estudar un plan para a súa segregación en bancos máis pequenos. Nos últimos días tamén Obama plantexa ideas que van nesa dirección: limitacións ao tamaño e ás fusións, xunto a impostos ás transaccións bancarias para reducir a exuberancia especulativa. O comisario de Economía da UE di que lle parecen acertadas. Países como Alemaña empezan a saír da crise grazas ao un sistema financeiro moi desconcentrado. Entramentras, o Banco de España segue a piñón fixo na lóxica do vello modelo fracasado. Non se enterou do cambio de dirección e segue pensando en grandes entidades. Teima no seu modelo, que viña pensado para unha economía onde todo se cifraba á especulación nos mercados financeiros globalizados e desregulados. O sr. Fernández Ordóñez parece non percatarse que ese modelo acabou o seu recorrido e toca mudar de piñón. Un sistema financeiro cun reducido número de grandes entidades con exceso de poder, opacidade e incentivos perversos poden poñer en risco o propio sistema a cada paso; leva consigo de xeito case inevitable un distanciamento a respeito das empresas pequenas e medianas. E, para rematala, ese custosísimo proceso de restruturación para levar adiante as fusións ten un efecto tremendamente nocivo a curto prazo para o restablecemento do crédito ao sistema produtivo, agravando aínda máis a crise económica e retardando a recuperación. O curioso é que pretende impoñer o seu modelo a contrapelo da opinión dos sectores empresariais, das comunidades autónomas e das institucións locais. Só aplauden os grandes bancos beneficiarios da reducción da cota de mercado das caixas e dun eventual proceso de bancarización.

O problema de todo iso é que a mediocridade de MAFO –motivo de rexouba noutros bancos centrais– é habelenciosamente xestionada por Botín e González e conta coa cobertura duns igualmente mediocres equipos directivos dos dous partidos españois maioritarios que se someten aos seus dictados, tratando de paso de entrar no reparto das faragullas. Tampouco en Galicia podemos dicir que as grandes decisións en curso saíran de análises rigorosas dos datos e dunha mínima prospectiva das tendencias do sistema financeiros, máis alá dos diktats do Bando de España ou de políticas comunicativas altamente efectivas na capacidade para impresionar, xerar pánico e vender solucións interesadas. Esas feblezas das dirixencias políticas son as regandixas que veñen permitido aos lobbys de intereses impoñerse sobre o resto da sociedade. Pero o máis grave é que ese cóctel de intereses e mediocridade métenos nun remuíño que, en vez de contribuír a resolver a crise está a agravala e a crear novas frontes e factores de crise.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
caixas galegas e solventes
Luis
2010-01-23 18:15:21
Públicamente ninguén dí que as caixas galegas estean en crise. Por qué non seguir soas, se non están en crise ? Se non é así alguén está ocultando e falseando a realidade, incluindo á consultora da Xunta. Por qué as caixas alemanas poden recibir axudas do BCE e eiquí non? Por qué ninguén denuncia o FROB diante do Tribunal Constitucional se impide a caixas de pequeno tamaño acceder ao financiamento? Non estarán as cúpulas das caixas e os grandes partidos xogando ao gato e o rato para esconder intereses pouco explicados?
2
increible
miguel angel
2010-01-23 13:15:26
iso, increíble que este economista discreto se empeñe nunha opinión que está mais que superada, e todo sin coñecer nin un solo dato real das caixas; impresentable
3
Interesantisimo
galego
2010-01-23 01:44:24
Efectivamente como ben dis agora que está demostrado que ser supergrande non e garantia de solvencia e bon facer, MAFO co apoio de PP e PSOE buscan a concentración e casi desapración das caixas ou convertelas en dependentes da gran banca e dende logo moito mais vulnerables. E o asunto fondo dos cierres de oficinas , despidos, endeudamento bestial, e todo eso supoño baseado en analisis feitos por analistas que foron incapaces de prever a chegada deste furacan da crisis financiera. E agora van acertar na evolución do futuro dos mercados financieros a cinco e dez anos?. Increible.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers