Domingo, 21 de marzo de 2010 - 9:15 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
27-01-2010 11:46

As debilidades do Goberno de Feijóo

6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 38 voto/s

Cando Feijóo estaba na oposición, debuxaba unha Galicia en perigo, as infraestruturas eran “imprescindibles para o desenvolvemento do País” pero os Gobernos de Touriño e Zapatero nunca cumprían dabondo, nin co 8% do orzamento do Estado nin aínda que incrementasen os recursos ata duplicalos en relación ós Gobernos de Aznar e Fraga.

Cando chegou a crise económica internacional e en Galicia seguiamos creando emprego, Feijóo culpaba a Touriño da crise e acusábao de non facer nada para resolvela. Naqueles anos bateuse a marca de licitación de obra pública, conseguíronse fondos do Banco Europeo de Investimentos e seguiuse creando emprego. Pero xa case levamos un ano con Feijóo de presidente, xa esgotou un 25% do tempo que os votantes lle deron, e o balance é ben pobre.

A crise agora xa non é cousa da Xunta, é de Zapatero; as infraestruturas seguen a ser importantes, pero as de Madrid. Todo funciona baixo a máxima “a Madrid, pedir e de aquí, non dar”. O Ministro de Fomento comprométese co AVE e a Xunta paraliza os investimentos baixo a desculpa da “austeridade”.

No ano 2009 quedou sen executar case a metade do orzamento da Xunta e seguimos o mesmo camiño para o 2010. Será incapacidade? Será a aplicación das receitas de Rajoy para saír da crise? Quizais as dúas cousas, pero o resultado xa se ve, Galicia pasou de ter indicadores de desemprego mellores que a media estatal a destruír máis emprego.

Aínda están co argumentario de que “a culpa foi do bipartito”, pero os galegos e galegas votaron, e decidiron un cambio de Goberno e con iso colocaron nel a responsabilidade de concertar e gobernar, e aquí está a súa maior debilidade. Cal é o conselleiro ou conselleira que deseña a política económica? Que fai o Igape cos recursos? Cal é a política industrial? Quen se responsabiliza do Diálogo Social?

Ocuparon as Consellerías unha nova xeración de “políticos de gabinete”, moitos deles sen coñecemento da sociedade que deben gobernar. Perciben unha Galicia sen capacidade para saír adiante, e están obsesionados con borrar o legado do bipartito, por iso cren que antes de comezar hai que desfacer. Levan case un ano e aínda non tomaron posesión das súas responsabilidades.

Atópanse ante unha Galicia na que o PSOE e o BNG gobernan no eido municipal o 60% da poboación, especialmente as cidades e vilas, e non son capaces de colaborar lealmente cos poderes locais, non lles queren dar alento. Ven con preocupación unha sociedade máis esperta do que pensaban e comezan xa a falar dos sindicatos, das organizacións sociais en xeral como satélites interesados e teledirixidos pola oposición, deslexitimando o seu papel representativo. E, como non, recuperan o uso partidario dos medios de comunicación públicos e a mentira como elementos normais da actividade política (non hai máis que ver o tratamento da manifestación do pasado xoves).

Xa se fala da primeira crise de Goberno e aínda non empezaron a andar. Moita incerteza e pouca capacidade, iso é o que se ve.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
outra vaca no millo
xosé antón
2010-01-27 10:09:58
imos cara atrás CON ESTE GOBERNO DO PP DE FEIJÓO, pero porque moita xente quixo que así fora, NON NOS ESQUEZAMOS, e non lle botemos TODA A CULPA E A RESPONSABILIDADE AO BIPARTITO, xa está ben, O POBO É SOBERANO pero iso non quere dicir QUE ACERTE SEMPRE, ou é que non estamos a pagar A DECISIÓN DAS URNAS tamén os que non votamos pp? ...pois iso, a mellorar todos: BNG, PSOE e tamén OS/AS VOTANTES, PARA BOTAR DA XUNTA AO PP.
2
incompetentes
CARMEN GARCIA
2010-01-26 22:24:48
a extratexia do frijol,è o desgoverno,pra votarlle a culpa a zapatero¿¿ou non escoitades a xente na rùa?? toda a culpa da crise è de zapatero.....eles estan ainda a pagar os favores da campaña,o`s galegos importalle un carallo,asi de claro.
3
Feijoo é o Kaos
CEDEIRA
2010-01-26 18:23:10
Tedes, tanto Psoe como Bng que tomarvos moi en serio o de facer unha boa oposición e ter boas relacións para recuperar o goberno polo ben de Galiza e dos Galegos, senón perdidos vamos con esta desfeita
4
GOBERNO SEN LIMITACIÖNS
Manuel
2010-01-26 13:21:32
Imos acabar co desgoberno de Nuñez Rajooy, pero non vai ser para ter outro morno goberno adicado a facer touriñadas e quintanadas. Quermos un goberno galego sen complexos, sen limitacións, sen ensemesmamamentes. GALEGO, PROGRESISTA, DE ESQUERDAS. BNG E PSOE debem poñerse a deseñar a alternativa JAAAAAAAAA. Pronto? poi eso.
5
a defensiva
ourensan
2010-01-26 13:12:14
Temos un presidente en galicia sin resposta as necesidades do pobo.Parece que a única obligación que ten e ir ao seu despacho a reventar o bo que fixo o bipartito e despois esperar a que todo se arregle por si mesmo.Cando o apretan votalle a culpa a zapatero en vez de ter iniciativas e resolver necesidades que a él lle competen.Parecese a esos meniños que lle quitan o chupete e a única reaacion e patalear.
6
Sí, pero...
ASO
2010-01-26 12:44:36
Estou totalmente de acordo co exposto polo señor Carro. Agora ben, quen lle puxo en bandexa o goberno a Feijóo? Atreveuse o goberno bipartito a poñer solución a certos hábitos enquistados na administración autonómica ou simplemente se limitou a practicar un fraguismo de baixa intensidade?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers