Jueves, 18 de marzo de 2010 - 15:41 h
Xesús López
Colaborador
26-01-2010 14:39

Méndez Ferrín, novos tempos prá RAG

13 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 14 voto/s

Haberá que formula-lo título do artículo como unha cuestión: ¿novos tempos prá RAG?. En principio, Méndez Ferrín, elexido novo presidente da Real Academia Galega en sustitución de Xosé Ramón Barreiro, co apoio maioritario do plenario, prometeu traballar polo idioma e aposta por unha RAG que centre o seu esforzo na mellora dos traballos, sobre todo os léxico-gramaticales, e na actualización do diccionario, ademais de afastar á institución de debates como o das bases pró decreto do plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia. A Academia, “canto menos mediática, mellor”. Dacordo tamén coa súa aposta de faceren máis efectívo-los traballos internos da institución; pero non co pactismo de seguiren co modelo continuísta dos últimos presidentes, do que saeu o idioma realmente ferido.

E Méndez Ferrín ten diante súa un reto realmente importante: Que a RAG non volva ser unha especie de terminal nacionalista radical, que nadie lle dicte o seu papel en relación co estudio da lingua popular e a elaboración de normas prá súa fixación. Pero confío en Méndez Ferrín, có que aínda tiven ocasión de falare con motivo da súa presencia e intervención na homenaxe a Juan Vidal Fraga, común amigo de ámbo-los dous. Na fin do acto démonos unha forte aperta que pra nós significaba algo máis que a lembranza do finado amigo; significaba, a modo de pequeno lóstrego, o inventario do tempo transcurrido dende o noso primeiro e común galeguismo, no comezo dos 50: a preocupación polas palabras, a súa arrancada na Universidade, as cartas nas que xa facían presencia algús diferencialismos, nas que comentabamos da obra de Gonzalo Rodríguez Mourullo, Nasce un Árbore, ou ben do libro de Ramón Lugrís sobre o pensamento de Vicente Risco, unha auténtica descoberta.

Aínda xoven, Méndez Ferrín marcou novos tempos na literatura galega dende a súa obra primeira: “Percival e outras historias”. Con “O crepúsculo e as formigas”, do 1961, o noso amigo, según Dolores Vilavedra, é poseedor dun dominio das máis diversas técnicas narrativas. Pouco despois, ano 1964, editaría “Arrabaldo do norte”, definida como novela obxetalista, herdanza do “Nouveau roman”, de corte kafkián. Pero non se trata de seguir a citar obras de Méndez Ferrín, como “Retorno a Tagen Ata”, “Con pólvora e magnolias”, “Estirpe”, etc., que o lector pode xa conocer como tamén que foi proposto pró premio Nóbel, senón do rol que vai xogare á fronte da RAG e do que hai poucos días falaba cun amigo, con responsabilidades no eido de Educación no seu partido, algo xa comentado en “O galego real, ausente”.

¿Poderase producir con Méndez Ferrín unha certa osixenación da nosa lingua? Ben sei que os autores son moi libres de escribir como lles pete. Ferrín foi dos primeiros en usar “cuxo” como forma pronominal. Pero o uso con ese sentido, coidado, pode resultar redundante. ¿Cabe decir “vendémo-lo cuxo cuxa nai morreu de encefalopatía…..”? Eu, persoalmente, prefiro usa-lo “cuio” recomendado por Carré, Ibáñez, Eladio Rodríguez, Franco Grande, e deixa-lo “cuxo” como sustantivo, co significado de: xato, cucho, choto, camoniño, chapreiro, xuvenco, cato, terneiro, mansote, palletes, poito, pucho, nos que aínda caben variaciós semánticas como “cucho colludo”, xato sen castrar (Carré 1972), ou “cucho das vacas”, boi semental (Glosario de Constantino García). Despois dos traballos que no seu día se fixeron en relación coa fixación do Atlas lingüístico, a RAG ten moito que desandar e deixarse das querencias portuguesas que xa denunciaba o P.Sarmiento: “Facede o idioma a partir da fala”. A fala é, certamente, a fronteira con Portugal, máis permanente na “raia seca ourensáa” que no propio río Miño, como ten apuntado J. José Moralejo Álvarez máis dunha vez. E non cabe outra línea de traballo prá RAG que a de cura-las feridas derivadas dos decretos e normas alóglotas en vigor, especie de enxeñería pra nos cambia-la fala, ou eso parece. E perguntamos: ¿Novos tempos prá RAG?

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Acontece que ...
Probo
2010-01-26 14:34:45
Pertence você a outros tempos. E não o digo pela idade, pode-se ter a idade que seja mas estar com os tempos. Você ficou ancorado no século XIX e estamos no XXI. Hoje, até o mais tonto, todo mundo distingue a fala da escrita. E tanto a uma como a outra se prestam a muitas interpretações e respeitáveis opiniões. Mas há uma coisa séria que é a norma universal e outra, respeitável mas que é uma brincadeira, a norma particular. Não se confunda e sobretudo não nos confunda.
2
Botar unha man o galego, dixar as gorxas.
galego
2010-01-26 00:57:45
Os que non pensen como vos e escriban do mesmo xeito ou son franquistas ou inflitrados, pero homiños pero muller non vos dades conta que asi é como lle dades o poder o PP, baixar a botar unha man que facemos falta todos e todas tamén Xesús López, ti de Redondela,Cantaruxa , manolete. Pero qué, ainda non vos dades por aludios, aquí abaixo hai traballo abondo para todas, deixarvos de rascaceos lingüisticos e falade galego coas fillas os netos o presindente da comunidade e co crego e tamén con dios, respetade as diferentes opinións e baixar a galeras, veña xa...
3
Necesitamos máis cabezas pensantes como ésta
Cubela
2010-01-25 23:00:25
Moi ben, amigo, coma sempre. Dende a distancia ideolóxica con Ferrín, comparto a súa visión sobre a lingua e a nosa fala. Saúdos
4
uuuuuu. Non, por favor
Hindemith
2010-01-25 22:57:42
Ai co!. Estamos ben!. E agora retornamos a semellante panorama?. Crise! Isto que é, lingua 'purista' (καθαρεύσα) ou 'populosa' (δημοτική)?. Que vaia falar cos gregos dos anos 60-70, a ver se chegamos a un acordo. Deus!
5
¡Qué rebueno!
El Tigre
2010-01-25 21:55:26
¡Que chido güei! Ahorita mihmo quedé encantado con la plática ehcrita d'ehte chavo gayego. El verdadero asote de loh lusitah y del gayeguéh ¡órale que sin! Dileh que no forsen la lengua, mano, que no tien rasón. ¡Loh hipanoh unidoh hamáh seremoh vensidoh! Firmado: El Tigre de Sapata, México.
6
Galleguistas del régimen
koroshiya.itchy
2010-01-25 21:35:37
Diga que sí, Don Jesús, diga que sí. Estas cosas en los grandiosos tiempos del Caudillo por la gloria de mi madre no pasaban. Una cosita, ¿ustez donde aprendió el gallego? ¿En la Sección Femenina?
7
Pipiolo
2010-01-25 19:06:00
Á vista dos 'argumentos' deste señor, aínda dou grazas porque non estea el na Real Academia Galega. Unha Real Academia do Disparate Lingüístico cadraríalle mellor. Por certo, o señor articulista moito fala de defender a lingua dos avós, a lingua popular, etc., e vai e dálle por usar SISTEMATICAMENTE MAL o infinitivo conxugado, unha das marcas distintivas da lingua galega... e NIN UNHA SOA VEZ usa o futuro de subxuntivo.
8
Zaludoh cordialeh
Manolete
2010-01-25 18:43:16
Da guhto veh compañeroh en Galisia que pienzan asín, ya me guhtaría a mi ehcribir en el Diario de Heré como me zalga de loh gü...
9
Tan mao e ponse a dar consellos!
Cantaruxa
2010-01-25 17:00:17
Está vostede ben desencamiñado, señor! Pase que avogue por un galego demótico, mesmo castelanizado e vulgar. Perdóaselle mesmo o seu radical antilusismo! O que non lle podemos pasar, sen chamalo ao sentido, é que escriba tan mal e aconselle peor. Ferrín non lle ha facer caso. Ten amigos mellores e máis sabios: os doutores Lorenzo, González, etc, un supoñer, só entre os compañeiros de academia.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers