Jueves, 11 de marzo de 2010 - 20:48 h
F. Rodil Lombardía
Xornalista
27-01-2010 15:58

A carta dos escritores

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

Vaia por diante a miña modesta opinión de que un home que subestima a cultura dun país non debera ter grandes responsabilidades na xestión e promoción cultural dese país. Niso coincido plenamente co grupo de escritores asinantes dunha carta, recentemente publicada, enfadados coas manifestacións do conselleiro de Cultura. Aviso a navegantes no que se pon en entredito a idoneidade deste señor para pilotar o mundo intelectual, artístico e mesmo moral que nos identifica, nos distingue e determina en gran parte a nosa realidade como galegos

A cultura de Galicia, como a cultura de calquera outra etnia, é a esencia mesma do que somos, e o idioma propio, o galego – que tamén hai quen intenta poñelo en cuestión –, a base primeira e principal que a sustenta.

É evidente que a cultura que se fai en Galicia, como en calquera outro lugar, non pode permanecer “ensimesmada e acomplexada”, como dixo en certo foro o conselleiro Varela (Roberto). Pero, polo menos eu, non vexo a cultura galega con eses defectos cos que a ve o conselleiro. Moi ó contrario, paréceme –mostras sobradas hainas – que a creación cultural de Galicia, en todas as súas manifestacións, trascende as nosas fronteiras e entra con pé firme e sen complexos nese cosmos de interculturalidade no que se valoran e comparan as diferentes culturas, pasando a proba con sobrada folgura.

A cultura é todo aquilo que nos identifica como pobo, que imos asimilando e transformando ao paso das xeracións. A cultura non é ocorrencia dun momento de inspiración, se non o resultado de moitas cousas e moitas causas, durante moito tempo. Crenzas, tradicións, valores, modos de pensar e de comportarse, orografías e paisaxes, obxectos materiais e inmateriais, os avatares da propia historia, a herdanza dos nosos ancestros. Todo iso conforma un determinado sustrato cultural no que nacemos, nos alimentamos e medramos, un patrimonio do que nós mesmos somos parte.

Obsevando a falla de confianza que adoita ter na nosa cultura o conselleiro Varela, non me extraña que un grupo de intelectuais, en número de once, distinguidos todos eles pola súa contribución á cultura, con premios de ámbito estatal, –unha mostra máis de que a cultura galega chega máis alá do Padornelo– poñan o grito no ceo para berrar a súa indignación.

O que xa me extraña máis é a pobreza literaria da carta, sendo como son os asinantes todos laureados con premios literarios. Supoño que tan insípida redacción teña a súa causa na urxencia ou no mesmo estado de ánimo dos redactores, pois xa se sabe que cando o cabreo é grande a mente se ofusca.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Pois é certo!
Cantaruxa
2010-01-27 15:41:53
É certo que o texto en que lle piden a dimisión e lle afean a innobre actitude, non é precisamente un modelo de arte literaria. É certo que puideron ter unha pouca máis pacencia e redactalo con maior vagar e coidado. Capaces sono. Porén un berro é un berro! E por veces sae fero e abrouxador. Pode ser o caso. Non por iso lles falta razón!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers