Domingo, 21 de marzo de 2010 - 21:28 h
Xornal de Galicia
28-01-2010 00:20

Os residuos nucleares precisan un almacén

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Un municipio de Castela-A Mancha, gobernado polo PP, será o terceiro en discordia na competición por albergar o almacén nuclear de residuos radioactivos. Trátase de Villar de Cañas (Cuenca), que competirá con Yebra (Guadalaxara), tamén do PP, e Ascó (Tarragona), gobernado por CiU, por acoller o almacén.

O consistorio de Villar de Cañas, con mayoría absoluta dos populares, votou o pasado vernes presentar a candidatura para acoller o Almacén Temporal Centralizado (ATC), porque albergar o silo é “moi goloso” pola inversión que conleva, segundo señalou onte o alcalde, José María Saiz Lozano.

A candidatura deste novo concello desafía así a disciplina de partido marcada pola secretaria xeral e presidenta do PP de Castela-A Mancha María Dolores de Cospedal, que xa rexeitou de plano a candidatura de Yebra. En realidade, as tres candidaturas municipais son unha auténtica provocación aos Gobernos autonómicos, que nos tres casos se pronunciaron en contra da instalación do almacén nuclear nos seus territorios.

Pero a cuestión de fondo é que a concentración nun só almacén dos residuos en lugar de nas oito centrais existentes, como ocorre agora, é positiva. Evita a dispersión e gáñase en seguridade, aínda que aumenta o transporte dos residuos. Por esta última razón, sería conveniente que o almacén estivese xunto ás centrais. Pero, o problema está en decidir donde se situará o silo nuclear. A autonomía municipal, que todos os partidos defenden de boca para fóra, abonaría o si ao almacén en calquera das tres localidades que se mostran dispostas á instalación, aínda que tamén ten peso o argumento de que este tipo de decisións e as súas consecuencias exceden os límites dun só municipio. De aí a posición dos gobernos autonómicos que xa se mostraron contrarios.

E ante tantos dilemas, que fan os partidos políticos neste asunto? Como en tantos temas conflitivos –a inmigración é outro exemplo–, esconden a cabeza e só ven os intereses electoralistas a curto prazo. Os exemplos son numerosos: o PSC e o PSOE non teñen unha postura clara, a pesar de que foi Montilla na súa etapa de ministro quen aprobou o Almacén Temporal Centralizado (ATC); CIU, declaradamente pronuclear, ameaza aos seus concelleiros de Ascó por aprobar o almacén; o PP, máis pronuclear se cabe, fai o mesmo co alcalde de Yebra e Villar de Cañas porque a súa secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, quere gañar as eleccións en Castela-A Mancha; ERC e ICV defenden a súa posición antinuclear, pero non explican que modelo enerxético alternativo propón, e así ata o infinito.

A opción nuclear existe en España e as centrais achegan gran parte da enerxía que se consome. Esa enerxía produce uns residuos que nalgún sitio hai que almacenar, e este é un problema que é urxente resolver, aínda que se estea en contra das centrais nucleares. Tan difícil é ser consecuente con esta realidade? Reducir o tema a agravios territoriais é desviar o problema e non querer afrontalo de verdade.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers