Jueves, 18 de marzo de 2010 - 15:52 h
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía
01-02-2010 12:02

Das prexubilacións á prolongación da vida laboral

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 39 voto/s

O sistema público de pensións é unha das conquistas máis revolucionarias do último século. Son o principal elemento de cohesión social e benestar, reportando un horizonte de seguranza para toda a vida sen o que as sociedades modernas serían un inferno de agobiante incerteza e lacerante vellez. As insuficiencias e cativeza das pensións actuais dunha parte dos xubilados non deben servir para deostar ese sistema senón para adoptar medidas para reforzalo e melloralo de cara ao futuro. A comparación cos países que carecen dese sistema con carácter público e universal é ben elocuente. Sen mentar os países do Terceiro Mundo, os problemas da vellez desprotexida son unha das eivas esenciais das dúas grandes potencias actuais, tanto os Estados Unidos como a China.

Un dos problemas que se plantexa recurrentemente é a sostibilidade dese modelo a longo prazo, habida conta das tendencias demográficas e, en particular, ao afortunado prolongamento da esperanza de vida. Prolongamento ao que, por certo, non é alleo o propio sistema de pensións e o sistema de saúde asociado. Desde o meu ponto de vista o problema non está tanto na eventual insostibilidade do modelo senón máis ben no nivel das pensións que pode garantir. Decimos que o nivel de pensións dunha parte dos pensionistas actuais dificilmente garante unha vida digna. E ese pode ser un fenómeno en aumento se non se adoptan medidas que reforcen a capacidade financeira do sistema. Na medida en que a esperanza de vida se veu prolongando nos últimos anos e cabe esperar que continúe nos anos vindeiros plantexarase un dilema cada vez máis agudo entre o monto das pensións e duración das mesmas. Sen alterar as condicións de financiamento do sistema estamos abocados a optar entre pensións prolongadas pero cada vez máis modestas ou pensións máis altas durante menor período de tempo. Esa é a razón que xustifica a proposta que o Goberno pon en riba da mesa para ampliar a vida laboral común até os 67 anos.

É certo que hoxe, aos 65 anos, a maioría da pobación esta en condicións de continuar con normalidade a súa vida laboral. Obviamente, isto ten que matizarse por tipos de actividades, como de feito xa acontece actualmente, establecendo unha idade máis baixa nas actividades que requiren máis esforzo, penosidade, perigosidade, etc.

Agora ben, esta proposta sería moito máis xustificable se fose acompañada doutras medidas complementarias. Para empezar, é unha incongruencia falar de prolongación da vida laboral ao mesmo tempo que se autorizan e toleran plans masivos de prexubilacións aos 50-55 anos e xubilacións anticipadas en grandes empresas (banca, caixas, telefónica, RTVE, etc.) como forma xa non só de afrontar situacións de crise senón mesmo como instrumento de xestión dos cuadros de persoal de empresas con bos resultados (por exemplo, para desfacerse do persoal con contratos indefinidos e salarios máis altos para a continuación contratar xente nova en precario e baixos salarios). Isto resulta socialmente insostible porque introduce unha dualidade laboral/xubilación nas mesmas idades moi inxusto, ademais do despilfarro de recursos humanos e o eventual impacto sicolóxico das vidas truncadas en plena maduración, polo menos en certas actividades creativas. En segundo lugar, sería razonable vencellar o asunto da idade de xubilación co reparto do traballo e a xornada laboral, porque senón esa prolongación pode aumentar aínda máis as taxas de paro. En Terceiro lugar, compriría valorar a oportunidade de recorrer a formas complementarias de financiamento do sistema público de pensións como o orzamento público e os impostos, como ocorre noutros países europeos. E, por último, a situación financeira da Seguridade Social melloría espectacularmente se as Administracións Públicas cotizaran polos seus funcionarios cos mesmos criterios e cuantía que cotizan todos os demais asalariados.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
preguntas
xosé antón
2010-02-01 11:15:21
por qué o que hoxe estamos a cotizar para as nosas pensións RESULTA QUE NON É PARA NÓS SENÓN PARA OS ACTUAIS XUBILADOS?; É XUSTO que o problema sexa noso no futuro PORQUE NON HABERÁ CARTOS NECESARIOS PARA NÓS, OS FUTUROS XUBILADOS?... así que a foderse E A TRABALLAR MÁIS ANOS, NON?; non son perversos o actual sistema E OS MAGNÍFICOS E MARAVILLOSOS PACTOS DE TOLEDO?
2
BNG debe rompero co PSOE en Madrid
Mario
2010-01-30 03:30:16
Perante a deriva dereitista de zetaparo, BNG debe romper amarras e defender nidiamente políticas de progreso. Alguén ten que lembrarlle a Zapatero que para dar polo Q xa temos ao PP
3
DEMAGOXIA BARATA
Pericles
2010-01-29 23:13:37
E eu pregunto?. Se nos xubilan os 70 (bueno os 70 xa se estan xubilando os que non fan NADA), a que idade se incorporan o mercado os nosos fillos que hoxe teñen 25? ¿ Cicais os 50?. Gustaríame que mo aclarexases.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers