Domingo, 21 de marzo de 2010 - 21:26 h
Xornal de Galicia
04-02-2010 23:46

Os sindicatos vólvenlle as costas a ZP

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

O Goberno non levanta cabeza. Calquera iniciativa que toma en política económica vólveselle en contra. A semana empezou coas cifras do paro superando por primeira vez os catro millóns e coa convicción gobernamental de que ata o mes de xuño, polo menos, o desemprego non deixará de crecer.

E onte coñeceuse unha nova pirueta que pode arruinar en parte os esforzos que se estaban despregando para chegar a un acordo na ampliación da idade de xubilación. Cando parecía que se perfilaba un pacto para que o retiro aos 67 anos fose voluntario, con distinción entre oficios máis duros e máis descansados, e co compromiso de penalizar as prexubilacións, a proposta do Goberno de alargar de 15 a 25 anos a base para calcular a pensión volveu desatar a controversia. Ante o cúmulo de reaccións negativas, o Goberno de Zapatero rectificou co incrible argumento de que se trataba só dun exemplo ou dunha simulación. Pero, ¿quen se pode crer que no documento de actualización do Plan de Estabilidade remitido a Bruxelas se fan simulacións sen base real?

En todo caso, se era unha intención real, mal por incluíla sen propola na mesa do Pacto de Toledo. E se era unha simulación, peor, porque se suma á sensación de que todo se improvisa. Ata o aumento da idade de xubilación de 65 a 67 anos, que é defendible para non colapsar o sistema de pensións, deu a impresión de que se lanzou para acalar as críticas da prensa internacional e para tranquilizar aos mercados ante a intervención de Zapatero en Davos. Ata se puido deducir que o ministro de Traballo, Celestino Corbacho, non estaba ao corrente do anuncio, á vista das posicións recentes do seu ministerio en sentido contrario.

Todo este vaivén levou a que agora xa non sexa só o PP que fale de “ocorrencias”, senón que ata CC OO utilizou a mesma expresión para cualificar as propostas do Goberno sobre a reforma das pensións. As receitas do Executivo “son máis propias dun grupo de afeccionados á política que dun Goberno”, afirma o sindicato nun duro comunicado que rompe coa moderación mantida ata agora. Mesmo a UXT xa fala con matices.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers