Lunes, 15 de marzo de 2010 - 16:11 h
Xornal de Galicia
06-02-2010 18:42

España camiña cara unha reforma laboral incerta

2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, informou onte, despois de reunirse cos representantes da patronal e sindicatos, sobre a súa proposta de reforma laboral, finalmente reducida a un catálogo de boas intencións. Entre as medidas destacan unha ampliación que non concretou no chamado contrato de fomento do emprego estable (que ten un despedimento máis barato: 33 días por ano traballado), un reforzo da contratación a tempo parcial e da redución de xornada, o fomento do emprego xuvenil e a revisión das bonificacións á contratación. “Non haberá perda de dereitos”, garantiu Zapatero, para subliñar que é só unha base de negociación e que “as reformas só son autenticamente útiles se son acordadas”. O seu principal obxectivo é “invertir a tendencia” e lograr crear emprego “con taxas de crecemento máis pequenas”.

A gravidade da situación, aderezada pola incompetencia do Goberno ao explicar as necesarias medidas que está tomando (reforma das pensións a semana pasada, reforma laboral onte), arruína a credibilidade do Executivo de Zapatero. A sensación de improvisación, de perda dos poucos aliados que lle quedaban ao Goberno, de tomar medidas tarde e non pola orde adecuada sumen ao país no desamparo. O paro supera os catro millóns, o déficit dispárase ata o 11,4% do PIB e a débeda vaise elevar desde o 55,2% do 2009 ao 74,1% do PIB no 2013, cunha subida de case 20 puntos. A delicada situación económica reflíctena estes datos, así como tamén o afundimento da bolsa (-5,9%) o xoves en niveis que non se recordaban desde o outono de 2008, en pleno estalido da crise financeira.

A reacción dos sindicatos e a patronal foi boa, xa que valoraron de xeito positivo o documento de propostas sobre reforma laboral que lles presentou o Goberno para chegar a un acordo no diálogo social. Para a CEOE as propostas “van na boa dirección”, mentres que para UGT e CC OO “teñen máis literatura que contido”, en palabras de Ignacio Fernández Toxo. Polo momento non se produciron moitas reaccións políticas, aínda que o BNG manifestou o seu desacordo coas reformas presentadas polo Goberno, de xeito que a partir de agora manterá unha oposición “moito máis dura” no Congreso se non se rectifican os recortes dos dereitos das maiorías sociais. Este posicionamento dos nacionalistas tamén ten que ver “cos ataques ao autogoberno” de Galicia en relación ao recurso de inconstitucionalidade da lei de caixas galega que se aprobou onte no Consello de Ministros.

As circunstancias evidencian que Zapatero se atopa no peor momento dos seus seis anos na Moncloa, como así o reflicte a enquisa do CIS, na que a súa valoración se afunde ata un 3,98, superado por Rosa Díez (a mellor valorada, con 4,08). Con todo, o PP non pode lanzar as campás ao voo. Os populares caen un punto (o PSOE baixa 1,5 puntos) e Mariano Rajoy é peor valorado aínda (3,5) que Zapatero. A desafección é xeral e os cidadáns tampouco confían nas receitas da oposición, que, con todo, amaga con pedir eleccións anticipadas ou presentar unha moción de censura. O ruído que non falte.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
a moitos/as CC.OO. e UGT non nos representan, malia que queiran.
xosé antón
2010-02-06 18:37:38
non estou de acordo con que CC.OO. e UGT representen a tódolos/as traballadores/as para avaliar e negociar co goberno e cos empresarios, a quén representan? e quén lles dá a REPRESENTATIVIDADE ÚNICA E EXCLUSIVA DOS/DAS TRABALLADORES?, así nos vai, nas mans destes dous sindicatos que acordan o que lles poñan por diante A CAMBIO DE PREBENDAS E PODER PARA ELES.
2
De incierta, nada
Suso
2010-02-06 07:49:54
La reforma laboral que pretende el gobierno no tiene nada de incierta. Zapatero miente hasta cuando acierta. Está claro que pretende abaratar el despido, aunque de forma indirecta. ¿Cómo?. Sencillo: aumentando los supuestos de despido "procedente". Así, en los improcedentes se seguirán pagando los 45 meses por año y él puede seguir con la cantinela de que no reducirá derechos de los trabajadores cuando lo hace de forma clamorosa.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers