Viernes, 19 de marzo de 2010 - 15:12 h
Millán Fernández
Colaborador
12-02-2010 12:03

Modernizar Galicia

4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 28 voto/s

Entre unha infinidade delas adxudícanselle ao moi salientable diputado socialista Alfonso Guerra sentenzas do tipo: “A dereita sempre quixo un estado residual para que os grandes grupos económicos poidan campar polos seus foros e o estado non poida facer nada” ou “cando nos vaiamos a España non a recoñecerá nin a nai que a pariu”. Ben é certo que, por aquel entón, había que construíla democracia. Posúe un vasto repertorio, pero ámbalas dúas adquiren transcendencia case mítica no imaxinario da política española contemporánea.

Os membros do goberno da Xunta tamén están decididos a marcar un rumbo distinto na historia da autonomía galega e un dos fins principais das súas accións e declaracións, como a recente e gratuita polémica creada polo ensimesmado Conselleiro de Cultura, parece encamiñado a deixar irrecoñecible ao país despois dunha anovada pegada deste Atila de alegre faciana. Todo apariencias. Onde quedou o galeguismo cordial e as loubanzas a sobranceiros do talle de Otero Pedrayo ou Castelao? Imaxino que no mesmo caixón onde esquenceron a austeridade e a preocupación polo estado de benestar.

No fondo son uns revolucionarios, e uns vellos románticos. E tamén no mais baixo do seu subsconsciente non deixan de later ideais e aspiracións que se perden no pasado, aínda estando absolutamente convencidos de liderar o despegue dunha Galicia dirixida a unha etérea, pero prometedeora, modernidade. Sen cargas ás costas. Así o aseguraba un militante de Novas Xeracións nunha conversa que mantivemos sobre o agora si, conflito lingüístico, e que traslado literal: “Hai que modernizar Galicia e facer que teña mais proxección internacional. Vivimos nun mundo global e, aínda que non goste, o capitalismo tamén ten efectos sobre os idiomas”, aseguraba. Manifestou nídiamente a tentación de ligar, de xeito falaz, modernidade ou progreso con desfacerse do propio, do xenuíno, do que arrecende un mínimo o tradicional ou o “antigo”. Pura sensibilidade.

Ante tan contundente argumentación a un non lle queda máis remedio que sorprenderse e ficar impertérrito no asento para logo reflexionar. É a lóxica milenaria do imperialismo cultural, pero adaptada ós tempos do economicismo mais utilitarista e frío, raiano no fisiocrático. Eles son dos que asumen como omnicomprensiva a teoría simbolizada na “Fábula das abellas”, de Maneville (1723). Nela preséntase unha colmea onde as abellas se tornan virtuosas, sobrias, austeras e caritativas; pero é un desastre. A súa conclusión é que os vicios dos individuos son un beneficio para a sociedade, e o egoísmo de cada un condiciona positivamente a prosperidade de todos. Newtonianismo moral e filosofía comercial, mercantilista e mecánica que casa ben coa deriva ultraliberal adoptada polos sectores dos fieis seguidores galegos de Esperanza Aguirre: aparente primacía do aspecto económico sobre os temas políticos, e camuflada desideoloxización con achegas amorfas e mesmo eclécticas. Pero tamén puro nacionalismo de estado.

Eu, pola contra, son dos que asume que o patrimonio inmaterial e intanxible dun pobo, como a cultura ou a fala de seu, non son mercadorías nin se rixen pola lei da oferta maila demanda. Porque a xusta globalización artéllase dende a asunción convencida do local proxectado cara o mundo, tal cal ou con evolucións, e non dende a homologación coas tendencias dominantes. E non son conservador, nin hispanofóbico! Porque Galicia nunca deixará de ser hispana. Tampouco perderá o tren da modernidade por ensinarlle aos seus fillos o idioma ou amosarse íntimamente mediante unha producción cultural tan rica, espallada e porén universal.

millansocial.blogspot.com

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Raquel
2010-02-12 11:04:49
Moi bo, si.
2
ESCARALLAMENTO 1/2
LUGUES
2010-02-05 20:53:11
Estou de acordo co dito por Manuel, pero actualmente a diferencia da época da emigración masiva a Alemaña, o número de galegos que non aprecian o propio é menor. Hoxe hai moitos galegos que estamos dispostos a defender o noso patrimonio material e inmaterial con determinación, por iso, os que sofren complexo de inferioridade diante de todo aquilo que é verdadeiramente importante e cun alto valor téñeno máis dificil. Non estamos dispostos a poñerllelo doado aos actuais desertores do arado.
3
Escarallamento
Manuel
2010-02-05 15:30:21
Non hai moitos anos algúns viñan de Alemaña, con algo de diñeiro, e o primeiro que facían era tirar a parte darriba da casa (de pedra), e mangarlle un piso de "ladrillo" enriba da adega. As máis da veces ese ladrillo quedaba sen revestir. Logo vendian as camas, almarios e aparadores de castiñeiro a algún chatarreiro, e mercaban mobiliario novo feito con chapa. Por último queimaban a mesa da cociña, de carballo, e mercaban unha de "fornica".- Agora estamos na segunda parte da película "Escarallamento II".-
4
elsinor
2010-02-05 13:21:21
Absolutamente. Moi bo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers