Domingo, 14 de marzo de 2010 - 19:20 h
Antón Reixa
Artista e escritor
08-02-2010 16:09

Ferrín: a prolongación da Xeración Nós

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 42 voto/s

Castelao e Otero Pedrayo votarían con orgullo e convición a candidatura de Ferrín á presidencia da RAG. Estarían votando por si mesmos. Xa o teño escrito e insisto: Ferrín vén ser o último membro da Xeración Nós. É Nós despois de Nós. Representa os mesmos valores ca eles: a intelixencia, a paixón e a modernidade ao servizo de Galicia. Os de Nós respondían ao concepto clásico de “sabios”. Curiosidade e sabedoría enciclopédicas, esforzo e afán de transformación. Ferrín é todo iso en máximo grao. Unha curiosidade sen límites e unha fame constante de coñecemento. Unha conversa con Ferrín pode decorrer polos vieiros da toponimia, o rock and roll, Foucellas, a entomoloxía –a súa literatura está inzada de insectos–, a historia, a poesía ou o motor de explosión.

Ferrín é un coleccionista e transmisor constante de saberes co código da intelixencia emocional e da paixón. Foi o meu profesor de literatura e segue sendo o profesor da literatura da miña vida. Lembro unha das súas mellores clases en COU: o relato detallado dun paseo por unha Compostela nevada con Otero Pedrayo, o seu profesor universitario.

Lembro como me sinalou o correlato do Doutor Kleines da súa novela Arrabaldo do norte no seu escenario ficcionado, a taberna O 42 na rúa do Franco. Lembro a épica coa que nos relatou as mobilizacións obreiras de 1972 en Vigo e Ferrol, épica homologable a como nos fascinou pola obra de Cunqueiro. Impregnounos do vademecum da modernidade literaria: Rimbaud, a poesía radical de Rosalía, o vangardismo de Manoel Antonio, a entropía intelixente de Joyce, o metaforismo terribe de Kafka, o obxectivismo de Robbe Grillet.

Pero Ferrín é, sobre todo, boa xente porque patrimonializa o maior sentido da humildade. A súa biografía completa é a impugnación permanente do politicamente correcto e do previsible. Foi, no seu momento, o catedrático máis novo de España e cando todo conducía a que Ramón Piñeiro o investise da condición do seu herdeiro intelectual e político, optou por ser marxista e clandestino.

Desafiou escrupulosamente o mito de ter sido na liturxia do galeguismo sensato o mellor poeta, o mellor novelista ou o mellor filólogo. Porén, con ese disimulo da humildade xenial, revolucionou a poesía con seu Con pólvora e magnolias, consolidou o cosmopolitismo da prosa narrativa moderna e deulle a volta á crítica lieraria galega co seu De Pondal a Novoneyra. O seu compromiso intelectual resiste calquera tentación cortesana: rexeitou un premio literario na época da Xunta de AP, pero acolleu con gran sentido común o Premio Nacional de Literatura que lle entregou o bipartito.

Nas opcións militantes de Ferrín hai que entender, máis ca súa propia configuración, a autenticidade e a ética-estética de fuxir do acomodaticio, esa rebeldía constante desde a súa mocidade. A súa chegada á Academia é unha das poucas boas noticias para Galicia nos últimos meses. Restaura un espazo de tolerancia e sinceridade que é común á nosa idiosincrasia. A cuestión non é se Ferrín vai actuar desde a RAG con criterio institucional.

Os que vimos da soidade extraparlamentaria entendemos ben o valor das institución e o pragmatismo que requiren. As impecables declaracións de Ferrín nestes días asi o ratifican. A cuestión principal que se plantea é se a actuación da Xunta do PP é efectivamente institucional e digna coas súas previsións lexislativas para o galego ou se é institucional a falta de axudas regularizadas á Academia, que é a nosa autoridade lingüística. Xa o dixen aquí: “Viva Ferrín!”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Que ben nos ven Ferrín!
Feixón Máxico
2010-02-08 16:06:24
Neste momento difícil para a lingua galega, nesta situación na que o noso propio governo ataca a nosa lingua, dame moita tranquilidade que o profesor Ferrín estea a cargo da RAG.
2
Bravo, Antón. Bravo
J. Antonio Rodríguez
2010-02-06 15:55:25
Son moitas as esperanzas depositadas en Ferrín coa seguridade de que non defraudará. Seguro. Unha envexa ter sido o seu alumno. Por certo xa que sacas o tema, lembro a Maite Otero, a muller catedrática máis nova de españa no seu momento e a primeira muller directora dun Instituto en Galicia (A Guía).
3
Sempre Ferrin
Peteiro
2010-02-06 02:14:53
Bravo, Antón, a túa reflexión expresa o sentir de tantísimos galegos que admiramos a integridad e o exemplo de patriotismo permanente do profesor Ferrín, e que non temos a facilidade de expresalo coa precisión que ti despregas neste artigo. Grazas.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers