Domingo, 21 de marzo de 2010 - 16:04 h
08-02-2010 16:55

Endesa e Repsol, no punto de mira do ecoloxismo galego

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Os ecoloxistas non se renden nas súas denuncias, malia que a etapa histórica e económica que se está a vivir na actualidade fai que a cidadanía sexa máis reacia a coutar o tema medioambiental a cambio de facerse con servizos e infraestruturas. Porén, a voz do ecoloxismo galego non se deixa calar aínda sendo consciente de que o modelo económico vixente non axuda ás súas demandas. “Creo que non se poden propoñer políticas ambientalistas sen poñer en dúbida o modelo económico vixente. Este modelo depredador de recursos é incompatible co ecoloxismo. A natureza e a terra hannos responder”, sinalou Virxina Rodríguez, presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), no Café de Redacción de Xornal de Galicia.

Unha das frontes abertas máis importantes destas organizacións defensoras do medio ambiente, está en algunhas das empresas máis potentes de Galicia que, segundo os seus informes, son tamén as máis contaminantes. Adega denuncia que Repsol, Unión Fenosa e Endesa son as compañías que máis contaminan o territorio galego, ata o punto de que acadan case a metade das emisión de gases con efecto invernadoiro que se trasladan á atmosfera. Os datos revelan tamén que, sendo España o segundo país industrializado máis contaminante, por detrás de Turquía, Galicia eríxese nunha das comunidades que contribúen en maior medida a este impacto negativo sobre a natureza. E é que as emisións de CO2 en Galicia son superiores tanto á media española como á europea, unha cifra á que a refinería de Repsol na Coruña –principalmente–, a central de Endesa de As Pontes e a Planta de Meirama de Fenosa, contribúen de xeito definitorio.

Todas estas emisións nocivas son as que converten a Galicia tamén na líder da clasificación de episodios de chuvia ácida, segundo os datos de contaminación industrial e emisión de gases de efecto invernadoiro do Ministerio de Medio Ambiente. O principal motivo que destaca dito estudo é a actividade das centrais térmicas de Endesa e Unión Fenosa. Ademais, o ministerio sinala que as emisións tóxicas na contorna da Coruña provocadas pola refinería de Repsol verquen ao mar cada ano unhas 6.000 toneladas de substancias contaminantes iguais ás que que soltou o Prestige. A diferenza, neste caso, é que, mentres que o verquido da marea negra foi puntual, no caso de Repsol trátase dun constante dano, xa que os parámetros de contaminación se manteñen ano a ano.

Todas estas situacións dañinas para o medio ambiente son denunciadas por organizacións como Adega, contrarias a que as compañías enerxéticas se convirtan en “colonizadoras” de Galicia. “Empresas deste tipo son as grandes culpables da contaminación atmosférica. Chegan aquí e dilapidan e esquilman os recursos”, comenta Virxinia Rodríguez.

Concienciar e reivindicar son, para ela, as dúas funcións que deben cumprir organizacións como Adega. A súa actuación é, sen dúbida, moi necesaria como medio de control e punto de debate no que á natureza se refire. Son o contrapunto ás políticas económicas expansivas que non paran a pensar nas consecuencias que pode ter a actividade industrial sen freos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Xistrón
2010-02-08 16:33:07
¿E Iberdrola que?, ¿non esquilma nada?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers