Martes, 16 de marzo de 2010 - 23:49 h
Xornal de Galicia
10-02-2010 23:30

A unión das caixas pode producirse se hai consenso

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Os gobernos de España e de Galicia, que encabezan Rodríguez Zapatero e Núñez Feijóo, están chamados a colaborar para reconducir o recurso de inconstitucionalidade contra a lei de caixas desta comunidade, de xeito que no acordo parlamentario inicial de PP e BNG tamén poda estar o PSdeG-PSOE. Do contrario, si teriamos que perguntarnos por que o que se lles permite a vascos, cataláns e andaluces se lles prohíbe aos galegos e por que se nos trata como un autogoberno de segunda división. Pero non semella que sexa o caso e parece que o diálogo político atopará saídas constitucionais, compatibles coa lexislación básica do Estado, que Galicia acostuma a respectar. De feito, os socialistas galegos que dirixe Manuel ‘Pachi’ Vázquez están amosando xa a súa vontade de diálogo e non se agarda menos dos máximos dirixentes do PP de Galicia e do BNG. Quen non entenda esta cultura do pacto político terá que render contas ante a sociedade; máxime cando nese todos contra todos, no que por momentos se converte a guerra das caixas, carece de sentido que Madrid se posicione contra o autogoberno galego, e menos que sexa para controlar os aforros dos galegos e das galegas, por moito que haxa sectores do PP e do PSOE de Madrid que teñan esas ambicións, guiados polas necesidades de caixas de aforros competidoras coas de Galicia. En definitiva, non é o momento de pasar facturas a ninguén, nin sequeira aos que se equivocaron ou excederon. É o momento da unidade dos galegos, xogando sempre coa mesma baralla, en busca dun consenso difícil, pero necesario para o futuro deste país.

Xunto con toda Galicia, Vigo e A Coruña tamén merecen respecto, a risco de que alguén fabrique coartadas –os galegos están divididos, norte contra sur, etcétera– que coñecidos sectores de Madrid precisan para paralizar o futuro das caixas galegas co menor custo posíbel. O novo marco lexislativo, resultado de adaptar a lei galega de caixas, debería levar tamén consigo un cambio de actitude por parte da Xunta con Caixanova e co seu presidente, que deben poder actuar con liberdade en defensa dos seus intereses, lonxe de ser obrigados a conducirse a gusto de Feijóo.

Se é preciso desbotar definitivamente que Galicia conserve máis dunha caixa, cousa que non acontece nin en Catalunya nin en Euskadi, comunidades que malia a crise seguirán tendo varias entidades, e finalmente hai que afrontar a fusión ou un Sistema de Protección Institucional (SIP) por imperiosa necesidade, estas fórmulas deben ser asumida polas dúas caixas, sen dogmas. O que carece de fundamento é soster que o recurso da lei paraliza unha eventual fusión entre as caixas galegas e o acceso ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), xa que ambas cuestións non gardan relación. Como lembrou oportunamente o secretario xeral do PSdeG-PSOE, outras comunidades que fixeron fusións e SIPs nin sequera reformaron a súa lei. Antes de pechar unha decisión sobre o futuro das caixas, e a sabendas de que calquera que esta sexa debe ser ratificada polo Banco de España, parece imprescindible serenar as tensións partidarias e locais, empezando por comprender tamén as protestas dos cidadáns e dos seus representantes políticos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
amplitude de miras
galego
2010-02-10 23:25:44
Ogalla se cumprira o boo desexo deste editorial, pero está aberta unha batalla política nos medios é asi faise difícil alcanzar a mínima serenidade e confianza e dende logo desbotar o asalto a Caixanova tal como prevee a nova lei de caixas. O que si será beneficioso para os intereses dos galegos e a reformulación de para qué queremos as Caixas ou caixa galega, que non se quede en favoritismos pos okupas.
2
ourense tampouco
nonquebra
2010-02-10 16:38:06
os vigueses pensades que cixanova e so vosa ,pois non onde foi caixa ourense e caixa pontevedra preguntastes daquela por nos. si estou de acordo que parte dos poderes de decision esten en vigo no todo para a coruña pois foi o señor mendez o que e os seus fillos os que arriscaron demais e asi estamos. si non hay fusion os galegos saberemos respostar, ou si a solución pasa por un control foraneo alleo a Galicia.coidadiño co que facedes cos nosos cartos non se xoga non o duvidedes. e os do pesoe xa lles vale.Eesta ben que pidan reformas desta lei pero a crueza con que o fan non leva a ningures bo pchi non convences.
3
No al robo
Lukas
2010-02-08 23:24:25
Lo que hay que recordar es que esta ley ha sido sacada deprisa y corriendo por la negativa del consejo de administración de Caixanova de fusionarse a la fuerza con Caixagalicia. Esta es la realidad. Caixanova NO quiere fusionarse. Hay que respetar su decisión. El intentar modificar la ley para forzar una decisión de una entidad soberana es CACIQUISMO. Feijoo, el PP, el BNG y el lobby coruñés con una falta de respeto absoluta hacia la ciudad de Vigo quieren robar la caja del sur y no lo van a lograr. Lo único que están logrando es abrir una brecha en el país que va a tardar muchísimo tiempo en cerrarse. Allá cada cual. Los vigueses no vamos a permitirlo. El martes todos a la calle.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers