Sábado, 20 de marzo de 2010 - 14:31 h
Carlos Aymerich
Portavoz parlamentar do BNG
10-02-2010 14:23

A xuntanza

9 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 29 voto/s

Onte o Portavoz Nacional do BNG transladoulle ao presidente español que Galiza existe, que ten uns intereses proprios e que, ao menos entanto non os poidamos defender nós directamente, o Estado debe telos en conta e, no ámbito europeo e internacional, facer valer. Isto significa, na situación actual de crise e en plena presidencia española da Unión Europea, apostar pola economía produtiva, pola proteción social e polo respecto ao poder financeiro de Galiza.

E é que a presidencia semestral da UE, na que o PSOE depositara tantas esperanzas, está a se converter nun calvario para un Zapatero en alvo de todas as críticas. En poucos días, Davos e a Comisión Europea lograron que o volúbel presidente español esquecese as súas promesas e apresentase a redución das pensións, o retraso na idade de xubilación o abaratemento do despedimento e o recorte no gasto público como saída da crise provocada pola especulación financeira e inmobiliaria. Guillerme Vázquez indicoulle que por ese camiño non vai coincidir co BNG. Que o cómpre é, xustamente, o contrario. Apostar pola economía real: a volta de Astano á construción naval civil, a defensa do noso leite e da nosa pesca e máis tamén respectar o dereito de Galiza a contar cun sector financeiro proprio.

Zapatero, como sempre, limitouse a sorrir. Din as crónicas que a xuntanza foi distendida e agradábel. Mérito, sen dúbida, da paciencia e da bonomía de Guillerme. Expresión, tamén, da falta de substancia do presidente español. Teremos que lle volver refrescar a memoria.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
FOTO
ANTONIO
2010-02-10 12:58:15
A MIN COSTAME MOITO ASIMILAR A FOTO DOS DIRIXENTES DO BNG COS CARADURAS DO P.P.. DE VERDADE QUE NON E DOADO DIXERILO, AMIGO CARLOS A.
2
NE LO EXPLIQUE
ME LO EXPLIQUE
2010-02-09 23:09:43
ME GUSTARIA SABER COMO EXPLICA EL BNG LA NECESIDAD DE PEDIR 1200 MILLONES DE EUROS AL FROB PARA JUSTIFICAR LA INFUSION, COMO SE PIENSAN DEVOLVER ESOS 1200 MILLONES AL 7,75 EN CINCO AÑOS LE DOY UN DATA PARA AYURDALES UN POQUITO CAIXANOVA GANO ESTE AÑO 160 MILLONES Y CAIXAGALICA 60 MILLONES HAGAN NUMEROS QUE YO SOY DE LETRAS SI QUIERE UN DATO MEJOR ESPERE A LA PUBLICACION DE BENEFICIOS DEL PRIMER TRIMESTRE DE CAIXAGALICIA QUIZAS LOS NUMEROS QUE NOS PRESENTEN DEJER DE SER NEGROS Y SE TORNEN ENCARNADOS -BERMELLOS OIGA SI ALGO NO ES VIABLE HAY QUE DECIRLO Y SI LO ES EXPLIQUENLO SIN MEZCLAR GALEGUIDADE GALIZA PAIS NACION V I A B I L I D E
3
Galiza existe a pesares de Caballero
Ourixeira
2010-02-09 22:52:56
O BNG está na dirección correcta, só hai que ler os comentarios que se escriben. No asunto das caixas hai unha organización política que pensa nos intereses do País e outras que só defenden o que mande Madrid. Se o BNG non lle transmitira ao Zapatero que Galiza existe quen o faría?
4
Para Xosé (Vigués e Galego).-
Manuel
2010-02-09 14:57:58
Certo que hai moito localismo. Certo que poida haber moitos que só se senten de Vigo pero non galegos. Certo que Caixanova non é dos vigueses. Pero deixame que che diga algo: Na Coruña (unha cidade fermosa) teñen unha chea de institucións do Estado que deberían estar en Santiago. En Vigo hata fai moi pouco non tiñamos nin unha triste oficina de Tráfico onde renovar o carnet de conducir.- Vigo, ao non ser capital de provincia, trátano coma se fose unha parroquia de meia ducia de veciños. Os políticos galegos debeían estructurar dunha vez Galicia e tratar de ir repartindo as cousas para que todos quedemos contentos, dándolle a Vigo o que lle corresponde por méritos propios. Nada máis.- Claro que sería moi boa idea unha grande caixa galego, pero, por qué a dirección ten que ir parar á Coruña?. Que a poñan na nosa capital:Santiago.-
5
Vigués e Galego
Xosé
2010-02-09 13:48:32
Xa están doutra volta os localismos estériles de Vigo y Lacuruña dando a tabarra, esta xentiña non ten visión de País, só son vigueses ou curuñeses e españois, Galiza importalles un karalho. E aos vigueses recalcitrantes lembrarlles que Caixanova non é propiedade deles, senon tamén de Pontevedra e Ourense, así como de milleiros de galegos que sin ser da nosa cidade teñen nesa entedidade os seus aforros, así que "ojito" co que decides.
6
E que queriades?
+vengayá
2010-02-09 11:26:25
Non sei que pintaba o Portavoznacionaldobng apretando as cachas ao lado dese descastado de Rueda... De verdade non vos mirades no espello todos os días? Ah, seguro, pero tédelo tapado cun poster agitprop... Cando o arrinquedes poderedes vers vosas caras de parvos úteis.
7
Aclaradevos
Manuel
2010-02-09 10:01:33
Mira amiguiño: O BNG tén que deixar de ser un neno rebelde e converterse en maior. Tedes que ter un discurso propio e deixarvos de ser o parvo útil, unhas veces co PP e outras co PSOE.- Explicome: Sabes que a capital de Galicia é Santiago, entonces, que carallo fan unha man chea de institucións na Coruña?.- Tamén sabes que en Vigo hai moita xente e que non hai moito que tiñamos que ir renovar o carnet de conducir a Pontevedra, e que lle están a regatear un xulgado do mercantil. Por qué no tema da fusión non propoñedes que a dirección da nova caixa quede en Vigo?.- Que pasa coas Diputacións?.- Que pasa coas Áreas Metropolitanas?.- ¡Galicia (Galiza como decides vós) ten que EXTRUCTURARSE dunha vez¡ A capital de Galiia tén que ser Santiago e non a Coruña, e as demáis cousas hai que repartilas por todo o territorio da C.A. pra que todos teñan algo, e non vai todo parar á _Coruña, coma sempre.-
8
juanola
ratibrón
2010-02-09 09:48:26
por favor, que alguén lle regale a Guillerme unhas pastillas juanola para que lle tire esa voz de Sabina ás 10 da mañán. ¡É o Portavoz!
9
traidores!
fusion no!
2010-02-08 23:41:57
vigo no paga a traidores

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers