Sábado, 20 de marzo de 2010 - 22:26 h
Iago Martínez
Xornalista
09-02-2010 16:40

Fábula do conselleiro e o lobo

4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 34 voto/s

Varela aprendeu. Véntaselle que o pau non foi en balde. Pasou unha semana no albo, incluso dos seus, pero sacou algo en limpo. Confesoulle a Xornal a semana pasada que algunha lección aprendera no contencioso, e parecía sincero. Os detalles gardounos, talvez para as memorias, talvez para cando toque facer balance, pero deu a entender que entre o almorzo de autos e a calma mediou un exame de conciencia. Da lección, pouco máis se sabe. Puido ser unha desas que che dan volta á cabeza ou unha miúda, apenas para matizar un par de ideas que xa traía de antes. Por exemplo, que nin a Xunta é unha embaixada nin a carreira diplomática forma conselleiros. Ou que as cousas, ao lonxe, sempre semellan outras. Nin mellores nin peores, senón simplemente outras. Agora fáltanos coñecer as dimensións precisas da lección aprendida. O peso e a eslora. Mesmo o número. Non sabemos aínda se foi unha ou se foron varias, e de ser varias, cales entre todas as que se lle ofreceron nunha semana que non querería eu para min nesta redacción.

A tal hora, ocórrenseme polo menos catro. Está a da dignidade dos escritores e as escritoras ofendidas polo retrouso de que a cultura galega está “acomplexada” e “ensimesmada”. Se non a de todos, si polo menos a dignidade dos once que teñen algún Premio Nacional na casa e pediron a dimisión a Varela con nome e apelidos. Incluso a dos que se sentiron representados polas dúas asociacións de autores en lingua galega que no mundo coñecido son, e que non tardaron en chiscarlles o ollo aos revoltados. Logo está tamén a do realismo parlamentario, que é ese bafo estarrecedor que de cando en vez bate na cara dos políticos para lembrarlles o pé que calzan, no caso do conselleiro e o partido co que goberna un 47,5 (por cento) que parece moito pero non é tanto. Eu, dende logo, con esa base electoral nos zapatos afastaríame dos malabares.

Máis importante aínda é a lección da responsabilidade institucional. Se un conselleiro de Cultura cre que a súa factoría está acomplexada e ensimesmada, ten un problema tan gordo e tan pouco glamuroso como o que teño eu cando poño un pé fóra da cama sen fe ningunha no xornalismo. Un problema privado, civil e clinicamente vulgar ao que mellor lle irían unhas horas de diván ca unha comparecencia pública. Agora ben, se un conselleiro que ten como misión fortalecer as industrias culturais dun país proxecta calquera cousa menos confianza nos seus vimbios, sexa por torpeza, por inexperiencia ou pola temperatura da sala, o desaxuste empeza a ser de todos. E aí só hai dous tratamentos de eficacia probada: ou dimitir, o que parece un traxe demasiado grande para dous adxectivos que proen pero non van queimar o monte, ou pedir perdón e tirar para adiante con algo máis de tino. É certo que a entrevista de Xornal non acaba de servir de todo como bálsamo, pero parecíase bastante a unha desculpa.

Con todo, cando o diagnóstico suxire que non había máis mala fe da recomendada, senón un pouco de improvisación complicada con algún prexuízo mal curado nos laterais da gorxa, a cuarta lección é fundamental: a do coñecemento científico. Máis importante que as súas reflexións en voz alta ou a retórica do subdesenvolvemento cultural, un invento tan vello que espanta, foi que Roberto Varela descubrise de vez uns cantos datos sobre o terreo: por suposto, que hai once Premios Nacionais que escriben en galego, pero tamén que a cultura é tan real que un sente o seu alento na caluga cando a menciona en van, que a Xunta non é a fada que sostén o sector editorial en Galicia e que a cultura, amais de atraer un millón de visitantes cada ano, xera máis riqueza no país que a pesca e o sector téxtil. E todo iso en apenas unha semana. Se isto non fose un xornal, diría que foi unha coincidencia.

Non é que Roberto Varela lle vise as orellas ao lobo neste asunto. Primeiro, porque Rivas, DoCampo e compañía teñen toda a pinta de seren mamíferos doutro sindicato, e segundo, porque de seren lobos non lle habían amosar nunca as orellas ao conselleiro. Abondaríalles con enviar o currículo ou entrar en San Caetano co pasaporte na boca. Iso é precisamente o malo desta fábula. Neste conto, como no Goberno, o lobo está noutra parte.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
O'Taboada
Roberto.
2010-02-09 16:39:23
Paraba-pa-chim-pa-chim-pa-chim!!. Glorioso.
2
Desván
de los monjes
2010-02-09 08:02:33
XD XD "de seren lobos non lle habían amosar nunca as orellas ao conselleiro. Abondaríalles con enviar o currículo ou entrar en San Caetano co pasaporte na boca" Boisimo! Parabens!
3
estupendo artigo
Xoán Maza
2010-02-09 02:27:46
Pois si, un artigo estupendo e ameno, que llas canta claras ó conselleiro do ramo (por se aínda non sabe que o mellor da cultuar en Galicia se fai en galego, e que a nosa cultura atrae ben máis visitantes do que el nunca se figurara). Calquera día este noso conselleiro vai e descobre que Santiago de Compostela, ademais de "Toro y El Desván de los Monjes", queda no Camiño de Santiago. Seguro que tamén se interpretaron mal as súas palabras.
4
O conselleiro que estaba na verza e non víu vir o lobo
pelica
2010-02-09 02:18:53
Moi bo!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers