Domingo, 01 de agosto de 2010 - 10:08 h
Manuel M. Barreiro
Analista político
13-03-2010 23:18

Unha democracia fanada

   Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 16 voto/s

O John Cobra Sound System, o ruído (des)informativo que atorda a nosa democracia, logrou que (case) pasase inadvertida unha sondaxe da Universitat Oberta de Catalunya sobre as percepcións que temos dos dereitos nacionais e as capacidades dos cataláns para decidir sobre o seu autogoberno. Na súa cerna, o dereito á autodeterminación, esa sorte de irmá pequena, rebelde e contestataria da democracia.

Hai tempo que Giuseppe Mazzini enriqueceu a idea da democracia afirmando que todas as nacións teñen dereito a un goberno de seu. A autodeterminación non está rifada coa democracia senón co estatalismo uniformizador. A esta altura debería quedar fóra de discusión que todo acto de autodeterminación crea un novo espazo cidadán para facer realidade dereitos e liberdades historicamente fanadas.

O estudo da UOC indica que a opinión cidadá dominante en España rexeita que Cataluña poida decidir a súa independencia ou elixir a fórmula da súa libre asociación co Estado. O 80% dos entrevistados fóra de Cataluña están de acordo con que os pobos do mundo teñen dereito á autodeterminación mais, preguntados se os cataláns deben poder decidir o seu futuro, o 54% rexeita esa capacidade soberana.

Este estado de opinión evidencia unha das moitas fraxilidades da nosa cultura democrática: os dereitos existen para ser proclamados, non para ser practicados. A autodeterminación non fai parte da nosa Constitución (que se pensou como contrato blindado do Estado) pero o seu texto está callado doutros moitos dereitos sen garantía de que poderán ser desenvolvidos plenamente.

Os gardiáns constitucionais e os contramestres da realpolitik queren que os cidadáns nos comprometamos cunha democracia arrogante na proclamación de dereitos e fraudulenta na súa aplicación, mentres a súa retórica grandilocuente de principios e valores truncados engorda unha crise de autenticidade e lexitimidade que ameaza con dar por bo o corrosivo diagnóstico de Charles Bukowski: “A diferenza entre unha democracia e unha ditadura consiste en que na democracia podes votar antes de obedecer as ordes”.

O politólogo John Keane sinalou, ende ben, outra dirección: a urxente necesidade dunha democracia humilde, esteada en valores e dereitos practicábeis como principio activo do autogoberno das persoas e as nacións. Unha democracia solidaria coa creación de condicións que aseguren a igualdade de trato e de oportunidades á hora de decidir o noso presente e futuro de xeito que enuncie liberdades e dereitos para ser efectivamente gobernados por todos, en calquera momento e en todo lugar. Democracia humilde, radical, auténtica.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad