Domingo, 01 de agosto de 2010 - 9:44 h
Xabier  P. DoCampo
Escritor
21-03-2010 21:49

Un decreto que se contralexisla

   Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 38 voto/s

Imos ver. Os nosos gobernantes e os que os apoian espernexan cando algúns os alcumamos inimigos do galego ou glotocidas que lexislan para acadar a súa desaparición, cando menos, nalgúns ambientes sociais. E farían ben en se ofenderen se isto non fose algo que se pode demostrar sen dificultade. E a iso vou dedicar este espazo. Calquera o poderá entender, e se non é certo o que digo, desafío o señor conselleiro de Educación ou o señor presidente a que demostren o contrario.

Vexamos. Acaba de se facer público o chamado “Decreto para o plurilingüismo”, e no Capítulo III, dise:

“Artigo 4.- Principios. Os principios a partir dos que se elabora este decreto son os seguintes: 1. Garantía da adquisición dunha competencia semellante nas dúas linguas oficiais de Galicia”.

Para iso é para o que se fai o decreto e para o que se establece unha distribución das materias por linguas vehiculares, galego unhas, castelán outras. Pero no mesmo capítulo e no seu artigo 12, inclúen este punto:

“3. En todas as áreas, materias ou módulos, agás nas sinaladas no parágrafo anterior (Lingua castelá e Lingua galega) e nas materias de lingua(s) estranxeira(s), o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia. Non obstante o anterior, procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo.”

O que fai totalmente inútil o uso dunha lingua como vehicular na materia para o fin que se di perseguir, que era o de conseguir que os alumnos e alumnas teñan en galego unha competencia lingüística semellante á do castelán. Haberá unhas materias que se explicarán en galego, pero o alumnado non terá que facer uso oral nin escrito, se non quere, desa lingua (“procurarase” ten ben pouco valor normativo), e mesmo poderá ter os seus libros de texto en castelán. Por tanto, nada fará, nin falar nin ler nin escribir, para chegar a esa competencia. A non ser que a adquira por ciencia infusa. Vemos pois como o mesmo decreto lexisla en contra do que di, porque, se por un lado se poñen medidas para acadar esa competencia, por outro establece os mecanismos persoais para que se poidan incumprir legalmente esas medidas. Ao final o único que practicará o idioma no que se dá a materia será o profesorado, que se supón que xa non lle fai falla.

Sabemos ben que en realidade este decreto está feito para que os fillos e as fillas de certas familias galegófobas, os negacionistas aos que os nosos gobernantes entregaron a súa alma, non teñan nunca contacto coa lingua galega máis aló dun cativo coñecemento da súa gramática e da historia da súa literatura. Os que nos gobernan están presos dun neocentralismo que aborrece calquera diferenza e quere impoñer a uniformidade no Estado español.

Por iso eu afirmo que o señor conselleiro de Educación e, principalmente, o señor presidente da Xunta son dous declarados inimigos da lingua propia de Galicia. Isto non é máis que unha actuación inmoral de engano, de mentira, de proceder falsario. Saben que hai trampa, vémola todos, eles tamén. Saben que non ten sentido facer un decreto para meter dentro a posibilidade de incumprilo. Saben que os tribunais deixaron ben clara a improcedencia de reclamar para os alumnos a liberdade de usar nas aulas de forma oral e escrita a lingua da súa preferencia. 

Coñecen perfectamente a sentenza 1084/2007 do TSXG e saben que o seu decreto será recorrido perante os tribunais, pero o seu cinismo chega a tal punto que non lles importa, só queren gañar tempo en facer dano ao galego, que eles identifican como o seu inimigo. Cando teñan que retirar ese apartado unha boa parte do dano estará feito. 

Pódese advertir con claridade a malevolencia, no seu sentido etimolóxico –para seguir a moda de advertir en que sentido se usa cada palabra–, desta artimaña pensada co único obxecto de ir corroendo o futuro da nosa lingua. Como deixou escrito alguén, hai uns días, nun foro dos negacionistas, de facer do decreto o principio do final da normalización lingüística.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
...
Hindemith
2010-03-21 21:31:53
É que máis claro, difícil. O máis patético deste decreto e das intencións dos seus autores é que, ante o absurdo e a 'bazofia' que pariron, non dan ganas nen de lles respostar nada. Trátase desa desagradable sensación do desencanto superlativo e delirante ante a impotencia, ante o cheiro inmundo. E toda esa 'tropa' é quen de respirar e descansar ao durmir!. Moi calro e moi bo o seu artigo, Xabier P.DoCampo. Agradécese ben.
2
Castelao contra o decreto
Lois
2010-03-21 12:35:09
“SEMPRE EN GALIZA" VI, Libro Primeiro (fragmento) A esta fala popular, viva e gloriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. Mais eu preguntarialles: “¿dialecto de que idioma? ¿do que vós chamades español?” De ningunha maneira, porque o idioma que vós impuxéchedes pola forza é un irmán menor do galego, “¿Acaso queredes dicir que é un dialecto do latín?”. Pois entón, chamádelle dialecto ó francés, ó italiano, ó rumano, porque tamén son fillos do latín e irmáns do galego. E diríalles máis: “ Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsáchedes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados”. (.......) Un idioma no nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola predisposición psicoloxica dun pobo, que, en condicóns históricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión. Porque un idioma é o corpo sensible dunha cultura, e todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa una atentado á súa cultura peculiar. Mais os pobos teñen unha forza máxica, invulnerable, e por iso, as nacións asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou poderán converterse en parásitos da cultura dominante; pero endexamais se deixan asimilar. O problema do idioma de Galiza é, pois, un problema de dignidade e de liberdade, pero máis que nada é un problema de cultura. Estamos fartos desa cultura esterilizada que nos fan mamar por biberón. Nós queremos mamar a cultura na propia teta. Pedimos garantías legais para o desenrolo natural do noso espírito, porque queremos volver a presentarnos dignamente no mundo, lavando nas mans o ouro da nosa cultura (sabiduria manisfestada) para ofrendalo ó acervo espiritual da Humanidade.
3
O principio da dignidade
Anxodoceo
2010-03-21 10:49:34
En troques de pesimismo, temos que procurar neste intre histórico -como xa se está a facer- o artellamento dunha ampla resposta cívica cidadá, que será quen de pór a nosa lingua -a orixinaria e xenuína da nosa Terra- no lugar que lle corresponde, plenamente normalizada no seu territorio.
4
Non son malvados, son necios.
XG
2010-03-20 17:47:07
É de esperar que o decreto será recorrido se iguala o seu anteproxecto. Docampo di que "eles sábeno" pero que "o seu cinismo chega a tal punto que non lles importa, só queren gañar tempo en facer dano ó galego...". Os necios -este é o caso- non saben que fan mal. Para eles estano facendo ben, o mellor, mellor que nadies. Fan mal, é certo, pero nada se adianta en atribuirlles conciencia dese mal. O seu non é o caso dos malvados intelixentes, conscentes de faceren mal, e que dentro desa conciencia levan a posibilidade de arrepentirse e cambiar. Estes non. Impórtanos ver claro o como dos seus comportamentos, que determina os acertos e erros, sobre dos que temos que traballar.
5
Menos mal que nos queda Poortugal
Herr.Sepie Schuehemacher
2010-03-20 17:15:42
Sempre pensei que a miña Lingua ía morrer na cama por inanición.Pero non vai morrer por eutanasia activa gracias ao PP do sñr.Feijo.Hai un dito por haí que se di nesta parte da Galiza ¡menos mal que nos queda Portugal! Eu ante esta tesitura da lingua casi prefiro a secesion linguistica; alomenos alguns teríamos elección,aunque fosemos minoria.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
Otros artículos de Xabier P. DoCampo
publicidad