»xentes, espazos e lugares

Unha invitación do Proxectoterra e o Xornal de Galicia a descubrir como fixemos e como estamos a facer noso este lugar no que o mundo se chama Galicia. Dirixido ao mundo da educación, Xentes, espazos e lugares quere contribuír a coñecer mellor como ao longo do tempo fomos construíndo o noso país e das pegadas que a nosa historia foi deixando no territorio. Unha chamada a aprender das boas e das malas actuacións no pasado e no presente, reflexionando criticamente sobre o noso patrimonio construído, sobre a tradición herdada e sobre as prácticas arquitectónicas e de ocupación do territorio de onte e de hoxe.

Durante séculos, o pobo galego foi construíndo minuciosamente o seu territorio dacordo aos principios da máxima racionalidade e respecto. Dun tempo a esta parte, asistimos a actuacións caóticas e irresponsabeis e a intervencións que non miden as súas consecuencias no contorno. O resultado deste xeito de actuar é o progresivo deterioro dos nosos espazos vitais.

Pero non debemos esquecer que o territorio galego posue aínda unha grande riqueza medioambiental e un patrimonio natural e construído de moitísimo valor. Velar pola utilización racional e responsable destes recursos, co fin de garantir que este patrimonio de todos poida ser transmitido a xeracións futuras, é o maior compromiso colectivo que cada xeración debe asumir.

O pasado e presente dos lugares que habitamos, as súas xentes e as actividades que neles desenvolvemos son o fío condutor desta proposta do Xornal de Galicia e do Proxectoterra. Un espazo de encontro no que compartirmos a visión que das xentes, espazos e lugares do país teñen os nosos escolares, e coa súa percepción do que entre todos estamos a facer poidamos mellorar a nosa visión de como entre todos estamos a construír Galicia.

1º Certame - 2009

A continuación móstranse os traballos dos centros participantes

CPI Don Aurelio de Cuntis

CPI Don Aurelio de Cuntis - O lugar onde vivo
CPI Don Aurelio de Cuntis - Arcos de Furco
CPI Don Aurelio de Cuntis - Calvos
CPI Don Aurelio de Cuntis - Cardecide e Laxos
CPI Don Aurelio de Cuntis - Castrolandín
CPI Don Aurelio de Cuntis - Cequeril
CPI Don Aurelio de Cuntis - Couselo
CPI Don Aurelio de Cuntis - Cuntis, O Baño
CPI Don Aurelio de Cuntis - Gontade
CPI Don Aurelio de Cuntis - Guimarei
CPI Don Aurelio de Cuntis - Loureiro
CPI Don Aurelio de Cuntis - O Casal
CPI Don Aurelio de Cuntis - Trasponte
CPI Don Aurelio de Cuntis - Xinzo

CPI Manuel Padín Truiteiro

CPI Manuel Padín Truiteiro - No camiño
CPI Manuel Padín Truiteiro - No camiño (vídeo)

CPI Maside

CPI Maside - Comentarios da presentación
CPI Maside - Dúas aldeas
CPI Maside - Dúas aldeas (vídeo)
CPI Maside - Tres xeracións da Viriña (vídeo)
CPI Maside - Transcrición do vídeo

IES Aquis Celeni

IES Aquis Celenis - I Introdución
IES Aquis Celenis - II Melgaço - Do autobús ao carro
IES Aquis Celenis - III Eucaliptos non, grazas
IES Aquis Celenis - IV Melgaço - De museos... o que se aprende!
IES Aquis Celenis - IV Melgaço - De museos... o que se aprende! (vídeo)
IES Aquis Celenis - V E isto é o portugués
IES Aquis Celenis - VI A sensación de estar fóra: Coma na casiña en ningunha parte
IES Aquis Celenis - VII Melgaço - Boa vila, Caldas non é pouca cousa
IES Aquis Celenis - VII Melgaço - Boa vila, Caldas non é pouca cousa (vídeo)

IES de Allariz

IES de Allariz - Melgaço
IES de Allariz - Melgaço (vídeo)

IES de Monelos

IES de Monelos - Do rural ao urbano
IES de Monelos - Do rural ao urbano (vídeo)

IES de Ponte Caldelas

IES de Ponte Caldelas - Espazos, xentes e lugares

IES Laxeiro

IES Laxeiro - A Praza da Igrexa de Lalín
IES Laxeiro - A Praza da Vila de Lalín
IES Laxeiro - A Praza de Loriga de Lalín
IES Laxeiro - Os pendellos de Agolada

IES Manuel Murguía

IES Manuel Murguía - Arteixo - 4º F
IES Manuel Murguía - EdCidadanía - Xogos / Proposta
IES Manuel Murguía - EdCidadanía - Xogos do pasado
IES Manuel Murguía - EdCidadanía - Xogamos agora
IES Manuel Murguía - EdCidadanía - Ideas para o futuro

IES Pontepedriña

IES Pontepedriña - Compostela: compromiso co futuro (vídeo)

IES Taboada Chivite

IES Taboada Chivite - A Semana da Paisaxe
IES Taboada Chivite - Excursión 4º
IES Taboada Chivite - Reunións